Enrique Peinador: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m moveu "Enrique Peinador Lines" a "Enrique Peinador": Nome máis coñecido
Liña 6:
Xunto co seu irmán, [[Ramón Peinador Lines]], converteu a Mondariz nun importante centro da cultura galega onde se celebraban faladoiros literarios coa participación dos intelectuais, como a sesión de ingreso na [[Real Academia Galega]] de [[Ramón Cabanillas]] en [[1920]]. Subvencionou exploracións arqueolóxicas, promocionou diversas publicacións no balneario e creou un museo con pezas arqueolóxicas e etnográficas. En [[1936]] expropiáronlle os terreos onde se construíu, en [[1954]], o [[aeroporto de Vigo]].
 
Publicou diferentes artigos en ''Mondariz'' e ''La Temporada en Mondariz'', colaborou na ''Guía turística Mondariz-Vigo-Santiago'' (1912) e escribiu ''Vocabulario dos cesteiros de Mondariz'', na revista ''[[revista Nós|Nós]]'' (1922).
 
En [[2004]] foi nomeado fillo adoptivo de Mondariz-Balneario.