Parc Güell: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m * finca > leira
Liña 12:
En honor á paixón de Güell pola [[mitoloxía]], Gaudí deseñou aquel contorno como unha nova Delfos grega. Así, a gran [[praza]] descuberta, destinada a ser o centro da vida social emula un teatro grego. A súa forma vén definida por unha baranda-banco que se curva en innumerables lugares e que permite, segundo a persoa, sentar na zona cóncava ou convexa, estando só ou en grupo.
 
Gaudí, no seu profundo respecto pola natureza, negouse a aplanar o terreo daquela fincaleira árida e pedregosa, e someteu a súa arquitectura ós ditados da [[paisaxe]] para trazar tres quilómetros de paseos e [[viaduto]]s.
 
A meticulosidade de Gaudí en tódolos detalles era tal que tivo en conta a acústica: os viadutos recubertos de materiais irregulares, situados xunto á zona residencial, absorberían o ruído das carruaxes; en cambio, a sala hipóstila, foco de vida social, está revestida de materiais duros, como o trencadís, onde se reflicte o son e produce un efecto de eco.