Robert Louis Stevenson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
*vintecinco -> vinte e cinco
m * finca > leira
Liña 30:
As razóns de por que permaneceu en Samoa non están claras. O clima, húmido e chuvioso, non era dende logo o máis indicado para un [[tuberculose|tuberculoso]], aínda que el opinase o contrario<ref>''"O clima próugome tanto que decidín ficar na illa. Incluso merquei 120 ou 160 hectáreas de terra: non saberei qué extensión ten ata que as medicións rematen"''. R.L. Stevenson, ''Cartas'', volume 6.</ref>. O escritor alemán [[Alex Capus]] formula a hipótese de que Stevenson quedou na illa porque o convenceron de que nunha illa próxima podía estar soterrado o tesouro que inspirou a súa primeira e gran novela<ref>Alex Capus, ''A outra illa'', (Reisen im Licht der Sterne''), Múnic, 2005.</ref>. En xaneiro de [[1890]] Stevenson mércalle unha leira de 126 hectáreas, situada a 5 kms ao sur de Apia a un ferreiro escocés cego. Válelle 4.000 [[dólar]]es. Non ten máis cartos.
 
A fincaleira chamouse ''Vailima'', que Stevenson e moitos outros detrás interpretou como ''cinco ríos''; porén, o seu verdadeiro significado fai referencia a ''auga entre as mans'', en alusión a unha lenda tradicional samoana. Axiña se converteu Stevenson nunha auténtica referencia para Samoa, e no seu líder intelectual e quizais tamén político. As súas experiencias aconsellando e exercendo autoridade moral sobre a poboación local recolleunas en ''[[Unha nota a pé da Historia]]''. Non deixou de escribir en Vailima, onde produciu ''[[A praia de Falesa]]'', ''[[As aventuras de David Balfour]]'', e ''[[Cando baixa a marea]]'', ademais das ''[[Cartas dende Vailima]]''. Pero durante eses anos o que máis fai é sufrir da saúde: a tuberculose avanza fortemente grazas á humidade, e ten continuas hemorraxias. O [[3 de decembro]] de [[1894]], mentres traballaba n'''[[A presa de Hermiston]]'', falece supetamente, con toda probabilidade como consecuencia dun [[infarto cerebral]].
 
A poboación samoana traballa duramente para prepararlle o enterro a unha persoa á que admiraban con forza: pasan a noite rozando no monte un camiño para poder subir o cadáver de Stevenson dende a fincaleira de Vailima ata o cumio do [[monte Vaea]], onde repousan aínda hoxe os seus restos, nunha cova de [[lava]] e [[coral]]. Os xefes samoanos prohibiron que nunca máis se disparasen [[arma de fogo|armas de fogo]] nas proximidades do monte Vaea.
 
== Obra ==
Liña 93:
 
== Notas ==
{{Listaref}}
<references />
 
[[Categoría:Escritores en lingua inglesa|Stevenson, Robert Louis]]