Abd al-Rahman III: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Corribot: Cambiando: "pen.nsula .b.rica" -> "Península Ibérica", amañando o erro.
*vintedous -> vinte e dous
Liña 1:
'''Abd al-Rahman III''' ou '''Abderramán III'''<ref>A ''Diciopedia do século 21'' recolle a primeira forma como principal </ref>, nado en [[Córdoba, España|Córdoba]] en [[889]] e falecido en [[961]], foi o oitavo [[emir]] de [[Córdoba, España|Córdoba]] e, depois, o primeiro califa de [[al-Ándalus]] (de [[912]] a [[961]]). É considerado o maior e máis exitoso dos príncipes da dinastia [[Omeia]] na [[Península Ibérica]].
== Traxectoria ==
Ascendeu ó trono apenas con vintedousvinte e dous anos e reinou cerca de medio século. A súa vida está de tal forma identificada co goberno do seu estado que acabamos por ter mais material biográfico sobre o seu antecesor [[Abderramán I]], que sobre si, innegablemente máis importante no plano histórico. Era neto de [[Abdallah ibn Muhammad]], outro gran líder hispánico dos [[Omeia]]s, a quen sucedeu. Estableceu o '''paso do emirato o califato''' de [[Córdoba, España|Córdoba]] no ano [[929]]. O emir '''Abd-al-Rahman III''' decidiu proclamarse [[Califa]], cargo no que que confluían o poder político e o relixioso. [[Al-Ándalus]] xa era completamente independente de [[Bagdad]].
 
Chegou ao trono nunha época en que toda a España estaba exaurida por máis dunha xeración de conflitos tribais entre árabes e de escaramuzas entre musulmáns e descendentes hispánicos. A maior parte da poboación, de orixe hispánica, composta por renegados e cristiáns, asumidos ou non, era favorábel á ascensión ao poder dun gobernante poderoso que os protexese contra a aristocracia árabe. Esta última, composta por nobres musulmáns politicamente incansábeis, compuña o principal núcleo de oposición a Abderramán. Logo a seguir, viñan os [[fatímida]]s do [[Exipto]] e Norte de África, que reclamaban o Califado, xustificando a pretensión coa sua descendencia do profeta [[Mahoma]], procurando estender o seu poder a todo o mundo musulmán. Abderramán conseguiu facer face a todos estes adversarios grazas ao apoio dun exército mercenario, tamén constituído por cristiáns. De feito, foi coñecido pola súa tolerancia para coa comunidade cristiá e xudaica.
Liña 12:
 
Foi derrotado en [[939]] pelo rei cristián [[Ramiro II]] en [[Simancas]] (ou Allandega, segundo as crónicas musulmanas), dada á traizón dos nobres árabes do seu propio exército. Aínda que esta derrota tivera consecuencias definitivas na carreira militar de Abderramán, os cristiáns non se aproveitaron moito dela. De feito, ante as divisións subsecuentes entre estes, non se demorou moito até que os cristiáns lle voltasen a prestar homenaxe en Córdoba.
 
== Notas ==
{{referencias}}