Lindsay Lohan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cheluco (conversa | contribucións)
contribución da wikipedia ingles
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 18 de decembro de 2010 ás 12:22

Lindsay Lohan, nada o 2 de xullo de 1986 en Nova York, é unha actriz, cantante pop e modelo estadounidense.

Lindsay Lohan en 2006 na presentación dunha colección de Calvin Klein

Traxectoria

Lohan comezou a súa carreira profesional como modelo infantil ao tres anos, facendo tamén anuncios comerciais na televisión, fixo o seu primeiro papel cinematográfico aos once anos no filme de Disney The Parent Trap, aínda que se fixo coñecida entre 2003 e 2005 por protagonizar Freaky Friday, Mean Girls e Herbie: Fully Loaded, e despois apareceu nos filmes independentes de Robert Altman's A Prairie Home Companion e Emilio Estevez Bobby.

En 2007 interrumpiu a súa carreira por conducir ebria e por posesión de droga[1], realizou tratamentos en centros de rehabilitación e finalmente volveu a actuar, aparecendo na serie de televisión Ugly Betty en 2008 e no telefilme Labor Pains. No ano 2010 actuou no filme de Robert Rodriguez Machete.

Como cantante Lohan realizou o seu primeiro álbum en 2004, Speak ao que lle seguiu A Little More Personal (Raw) en 2005.


Notas