Jorge Manrique: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
m defaultsort
m Corribot: Facendo probas de correccións ortográficas sinxelas: ademáis -> ademais segundo: Wikipedia:Erros_de_ortografía_revisados; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Jorge Manrique portrait.jpg|thumb|right|Jorge Manrique]]
'''Jorge Manrique''', nado en [[Paredes de Nava]], [[Palencia]], cara o ano [[1440]] e finado en [[Castillo de Garcimuñoz]], [[Cuenca]], no [[1479]], foi un poeta español. Debe a súa sona ao poema ''[[Coplas por la muerte de su padre]]''.
 
== Traxectoria ==
Membro dunha das familias [[nobreza|nobres]] máis vellas de [[Castela]], foi fillo de [[Rodrigo Manrique]], mestre da [[orde de Santiago]] ,e sobriño do tamén poeta [[Gómez Manrique]]. Compaxinou a súa actividade poética coa bélica, seguindo a tradición familiar. Combateu activamente nas guerras libradas polos partidarios de [[Xoana a Beltranexa]] e os de [[Isabel a Católica]] pola sucesión ao trono de [[Castela]], tomando partido pola última. Precisamente nesta contenda, no transcurso dunha acción militar na [[batalla de Uclés]] (concretamente a toma do castelo de Garcimuñoz), foi ferido mortalmente, falecendo pouco despois.
 
=== Poesía ===
A súa produción poética menor, reunida nun ''Cancionero'', está composta por unhas 50 cancións nas que cultiva a [[arte real]], poemas amorosos orixinarios da [[Provenza]], xunto con outras composicións de mofa e algunhas doutrinais.
 
Pero, sen dúbida, foron as ''Coplas por la muerte de su padre'', de temática ben distinta, as que consagraron a Jorge Manrique como un dos principais poetas [[Idade Media|medievais]] en lingua castelá. Escritas en [[copla]]s de ''[[pé quebrado]]'' (doce versos, dos cales, 1º e 2º, 4º e 5º, 7º e 8º, son [[octosílabo]]s, e 3º, 6º, 9º e 12º, [[tetrasílabo]]s), constitúen unha [[elexía]] na cal se poden enxergar dúas partes fundamentais. Na primeira realiza unha reflexión sobre a morte en sentido universal, para logo facer o eloxio fúnebre do seu pai. En total, son 43 coplas nas que o autor condensa os principios fundamentais da [[filosofía]] [[cristianismo|cristiá]], cun estilo que, apartándose dos tópicos macabros habituais na época, acada unha intensa fondura emotiva. Foxe ademáisademais de todo exceso erudito ou retórico; pola contra, a sobriedade expresiva e a linguaxe sinxela que emprega fan deste poema unha obra doada de comprender, o que acentúa o seu carácter universal.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* ''Coplas por la muerte de su padre'' (1983). Ed. Castalia.
* Lázaro, F. e Tusón, V. (1988). ''Literatura Española 2º BUP''. Ed. Anaya
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.los-poetas.com/g/jorge.htm Biografía] {{es}}
* [http://www.biografiasyvidas.com/biografia/m/manrique.htm Info sobre o poeta] {{es}}
 
{{DEFAULTSORT:Manrique, Jorge}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua castelá]]
[[Categoría:Escritores de España]]
Liña 28 ⟶ 29:
[[cs:Jorge Manrique]]
[[en:Jorge Manrique]]
[[es: Jorge Manrique]]
[[eo:Jorge Manrique]]
[[es: Jorge Manrique]]
[[fi:Jorge Manrique]]
[[fr:Jorge Manrique]]