Dorna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Corribot: Facendo probas de correccións ortográficas sinxelas: ademáis -> ademais segundo: Wikipedia:Erros_de_ortografía_revisados; cambios estética
Liña 3:
A '''dorna''' é unha [[embarcación de pesca]] típica das [[Rías Baixas]] de aproximadamente 4,60 metros de [[eslora]] e 1,50 metros de [[manga]], coa [[proa]] redonda que sobresae da [[cuberta]], a [[popa]] chata e pequena e [[quilla]] pronunciada. Evoluciona cunha única [[vela de relinga]] (ás veces se lle pon un pequeno [[foque]] usado para capear os temporais) e leva dous remos de apoio para cando vai "calma podre". Xeralmente leva dous tripulantes, o patrón á [[cana]] e o mariñeiro ás [[drizas]], que é quen se ocupa do izado da vela, aínda que poden ir tres persoas abordo con relativa comodidade ou incluso ser patroneada por un único tripulante.
 
== Procedencia ==
[[Ficheiro:Zenaida.jpg|thumb|right|Dorna navegando a vela.]]
Segundo diversos estudos, realizados entre outros polo [[Suecia|sueco]] Staffan Mörling sobre as dornas do Mar de Ons ou polo galego Xaquín Lorenzo na [[ría de Arousa]], este tipo de embarcación podería ter unha procedencia [[viquinga]], debido ás similitudes formais e de construcción cos [[drakkar]] dos viquingos. Segúndo esta teoría a '''dorna''' toma recursos formais e constructivos dos navíos [[viquingo]]s, que poderían ter chegado nas frecuentes invasións dos pobos do norte de Europa que pretendían asediar [[Santiago de Compostela]] durante a Alta [[Idade Media]], con características de pouco calado, evolución a vela (con aparellos moi sinxelos), [[roda]] de proa sobre a cuberta, [[bañeira]] aberta, etc.
 
== Características formais ==
A '''dorna''' é unha embarcación totalmente fabricada de madeira, construída ó [[tingladillo]] coas táboas da [[obra viva]] xustapostas, montando unhas sobre outras, reducindo o risco de vías de auga e simplificando a construción, o que lle confire maior estabilidade á costa dunha perda de hidrodinámica (este tipo de construción denomínase "de [[escarva]] ou [[calime]]").
A quilla da dorna non abrangue toda a eslora, xa que pola parte de popa hai un tercio de lanzamento do casco que a quilla non soporta. As [[caderna|cadernas]]s sobresaen da cuberta, formando [[toletes]] ou apoios dos remos nuns casos (tres toletes para dous remos, un a popa e dous na liña media, para o avance normal a remo, e dous toletes de menor tamaño a proa usados con remos pequenos para a pesca con [[espello]]), e noutros casos puntos que serven de guía para a disposición de [[liña|liñas]]s ou de paso da escota. Leva un timón de grande tamaño que se prolonga por debaixo do lanzado de popa ata a [[quilla]], actuando como [[orza]] ademáisademais de como timón, gobernado mediante unha [[cana]] de madeira, xeralmente dunha soa peza. Coa aparición do motor mariño de explosión, a dorna sufriu un redeseño da [[estampa]] de popa, introducíndoselle unhas pezas de madeira que permiten o acoplamento dun pequeno motor [[foraborda]].
 
== Medidas ==
As dornas medíronse tradicionalmente en cuartas de quilla (aproximadamente 21 cm cada cuarta) e polgadas, e segundo o tamaño da quilla, podíase sabe-lo tamaño da dorna.
Pr exemplo: unha dorna de nove cuartas de quilla menos dúas polgadas ven tendo unha eslora entre perpendiculares de 4,60 m aproximandmente.
 
== Variantes ==
[[Ficheiro:Dorna vela.jpg|thumb|right|200px|Dorna navegando a vela na ría de Pontevedra.]]
Existen moitas variantes segundo o uso ou a forma de construción:
Liña 25:
* '''A dorna ou lancha [[xeiteira]]'''. A Xeiteira é unha embarcación de gran tamaño, con tripulación de tres a oito persoas, deseñada para evolucionar en mar aberto máis aló da bocana da [[ría]], onde se faena con rede de [[pesca]] ao [[xeito]] para a captura de [[sardiña]], [[xurelo]] e [[bocarte]]. A xeiteira, dada a súa forma de construción, pode non considerarse unha dorna.
 
== Galería de imaxes ==
{{AP|Galería de imaxes de dornas de Galicia}}
{{Commons|Barcos pesqueiros de Galicia|embarcacións pesqueiras galegas}}
Liña 35:
</gallery>
 
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro| autor =Cabrera de Aizpuru, Fernando e Lechuga Lombos, Enrique| título =Las Ultimas dornas gallegas, proceso constructivo artesanal de la dorna gallega| ano =2000| publicación =| id = ISBN 84-607-0602-8}}
* {{Cita libro| autor =Masso, José María| título =Barcos en Galicia: De la prehistoria hasta hoy y del Miño al Finisterre|ano =1982| publicación =Deputación de Pontevedra| id = ISBN 84-500-7629-3}}
Liña 41:
* {{Cita libro| autor =Mörling, Staffan| título =Lanchas e dornas: A estabilidade cultural e a morfoloxía das embarcacións na costa Occidental de Galicia| ano =2000| publicación =Xunta de Galicia| id = ISBN 84-453-4130-8}}
 
=== Outros artigos ===
* [[Gamela]]
* [[Chalana]]
* [[bote (embarcación)]]
 
=== Ligazóns externas ===
 
* [http://www.culturamaritima.org Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial]