Xosé Arcos Moldes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
remato
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Xosé Arcos Moldes''', nado en ([[1863]]- e finado en [[1945]]), foi un perito mercantil coñecido principalmente pola súa actividade como periodista [[II República española|republicano]] e director do semanario ''El Barbero Municipal'', de [[Rianxo]], no que se produciron os primeiros textos e caricaturas de [[Castelao]].
 
==Traxectoria==
Con 8 anos foi vivir a Rianxo e, tralos primeiros estudos, entrou no seminario de [[Santiago de Compostela|Santiago]], do que pronto o expulsaron. Aínda que logo volveu entrar no seminario, rematou abandoándoo definitivamente.
 
En [[1896]] comeza a estudar na Escola de Comercio da [[A Coruña|Coruña]], onde se titula como perito mercantil e comeza os seus contactos co republicanismo galego. Tras unha breve estancia en Rianxo marchou a [[Barcelona]] a segui-los estudos de Comercio, para regresar, xa definitivamente, a residir en Rianxo.
 
En [[1901]] crea a ''Asociación de Marineros y Productores en General'' de Rianxo, da que actúa como presidente, primeiro, e secretario xeral, despois. Con esta aociación buscaba fomenta-la exportación do peixe fresco ós mercados do interior do país, aí como senta-las bases para a industrialización do sector mariñeiro coa construción dunha fábrica de [[salgadura]] en réxime asociativo.
Liña 12 ⟶ 13:
 
En 1914, traballando daquela como mestre, creou a sociedade cultural ''Pro-Cultura'', con Castelao como secretario, organizou comparsas, corais e obras de teatro, actividades todas nas que buscaba a participación da xuventude de Rianxo. O primeiro obxectivo desta asociación cultural era a educación dos asociados, como se reflicte no compromiso que figuraba nos Estatutos:
 
{{cita|''Los socios más instruídos se obligan a enseñar gratuítamente la lectura y escritura de nuestro idioma, las operaciones elementales de la Aritmética, el sistema métrico-decimal de medidas, pesas y monedas, nociones de Geografía, Historia, Economía, Agricultura, Higiene, etc. a aquellas que carezcan de los mencionados conocimientos, hasta conseguir que ningún asociado deje de poseerlos, siquiera en el grado elemental al transcurrir un año desde su ingreso en la sociedad''.}}
 
Liña 21 ⟶ 23:
 
===Ligazóns externas===
* [http://rianxeiros.blogspot.com/2009/09/don-jose-arcos-moldes.html Rianxeiros: Dondon José Arcos Moldes]
 
[[Categoría:Personalidades de Galicia|Arcos Moldes]]