Teresa Mañé: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Teresa Mañé i Miravet''', máis coñecida polo pseudónimo de '''Soledad Gustavo''', nada en [[1865]] en [[Cubelles]] ([[Provincia de Barcelona|Barcelona]]) e finada o [[5 de febreiro]] de [[1939]] en [[Perpignan]] ([[Francia]]), foi unha mestra e escritora [[anarquista]] catalá. Estaba casada con [[Joan Montseny]] (máis coñecido como Federico Urales), co que tivo a [[Federica Montseny]].
 
==Traxectoria==
Naceu no seo dunha familia economicamente acomodada, partidaria do [[federalismo]] de [[Francesc Pi i Margall]]. Cursou estudios de [[Maxisterio]] en [[Barcelona]] entre 1883 e 1886. Vinculada na súa mocidade ó ''Centro Democrático Federalista'', en 1887 funda coa axuda deste unha escola laica en [[Vilanova i la Geltrú]] coa axuda do librepensador [[Bartomeu Gabarró]], e anos máis tarde outra escola en [[Reus]]. Membro da ''Confederación de Maestros Laicos de Cataluña'', impulsou a actividade educativa anos antes de iniciar as súas actividades seguindo as directrices de [[Francesc Ferrer i Guàrdia]] coa súa [[Escola Moderna]].