Limoges CSP: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Equipo de basquet | cor1 =#800000 | cor2 =gold | nome = CSP Limoges | logo = | imaxe = | liga = LNB | fundado en= 1929 | historia = 1929-..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 4 de abril de 2010 ás 00:22

Modelo:Equipo de basquet O Cercle Saint-Pierre de Limoges (CSP Limoges) é o nome dun club de baloncesto francés da cidade de Limoges. O club foi fundado en 1929 e vivíu os seus mellores momentos nos anos '80 e '90, cando conquistou os máis importantes títulos de Francia en diversas ocasións, así como diversos títulos europeos, incluída a Euroliga conquistada en 1993. Na tempada 1981-82 e 1982-83 gañou a Copa Korac contra o Sibenka Sibenik. A primeira foi en Pádova (por 90-84) e a segunda en Berlín (por 94-86). Na tempada 1987-88 gañou a Recopa en Grenoble contra o Juventut de Badalona (96-89).

O principal triunfo do CSP Limoges foi a Euroliga na tempada 1992-93 en Atenas tras derrotar ao favorito, o Real Madrid de Sabonis, e ao Benetton Treviso por (59-55) na final. Finalmente na tempada 1999-2000 volveu gañar unha Copa Korac ao Unicaja Málaga ao gañar en Francia por 80-58 e perder en Málaga por 60-51.

Desputa os seus encontros no "Palais des sports de Beaublanc".

No 2004 viuse obrigado a perder a máxima categoría do baloncesto francés debido a graves problemas económicos e xudiciais. Na tempada 2005-06 subíu á categoría Pro-B.

Palmarés

Títulos internacionais

Títulos nacionais

Xogadores históricos

Jim Bilba, Gregor Beugnot, Yann Bonato, Michael Brooks, Don Collins, Richard Dacoury, Frédéric Forté, Jacques Monclar, Hugues Occansey, Stéphane Ostrowski, Jean-Michel Sénégal, Jimmy Vérove, Yves-Marie Vérove, Mike Davis, José Montero, Frédéric Weis, David Leroy Wood, Jurij Zdovc e Michael Wayne Young entroutros.

Adestradores históricos

Ligazóns