Queimada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
retiro o da súa invención no século XII. Parece que é medieval pero non hai fontes fidedignas que a remonten ó XII
Hugo22 (conversa | contribucións)
Liña 5:
==Tradición==
O ritual da preparación está dirixido a afastar os malos espíritos e as meigas que, segundo a tradición, asexan os homes e mulleres para tentar maldicilos, ben sexa por diversión, por vinganza ou por calquera outro motivo. Calquera ocasión é boa para realizar unha queimada: unha festa, reunións familiares ou de amigos. Tras a cea, na escuridade da noite (que é un dos mellores momentos para realizala), os comensais reúnense arredor do [[pote]] no que se elabora, preferibelmente coas luces apagadas, para animar os corazóns e estreitar os lazos de amizade. Un deles encárgase de darlle o toque final erguendo cun cazo o líquido en chamas e deixándoo caer pouco a pouco no recipiente mentres pronuncia o conxuro, o que crea un ambiente moi especial.
 
== Orixes ==
 
As orixes da bebida son descoñecidos. Popularmente, á queimada atribúenselle orixes [[celtas]], mais, segundo afirmou en [[1972]] o catedrático de prehistoria da [[Universidade de Santiago]], [[Carlos Alonso del Real]]<ref name="AlonsoDelReal" >[[Carlos Alonso del Real|Alonso del Real, Carlos]]: ''Os orixes da queimada. Capítulo programático dun libro en preparación'', en ''Graal'' Nº 35, 1972, pp. 74 a 82</ref> isto sería imposible, xa que a destilación do [[augardente]] en [[Galicia]] non pode ser anterior á introdución do [[alambique]] (de orixe árabe) a partir do [[século XII]] ou [[XIII]], xa na [[Idade media]]. Así mesmo, sempre segundo Alonso del Real,<ref name="AlonsoDelReal" /> o azucre de cana, un dos seus ingredientes fundamentais, tamén o introduciron os árabes na [[península ibérica]] (a difusión do seu equivalente de [[remolacha]] é moi posterior, correspondendo ás [[Guerras Napoleónicas]]) Isto levoulle a atribuírlle orixes medievais á bebida.
 
Posteriormente, o antropólogo [[Xosé Manuel González Reboredo]], afirmou<ref name="GonzálezReboredo" /> que o consumo de [[augardente]] -Normalmente sen queimar- era habitual na Galicia rural tradicional, onde tiña fama como medicamento contra o catarro e que nun momento dado -que el sitúa ao redor dos anos cincuenta do [[século XX]]<ref name="GonzálezReboredo" />- galegos residentes no exterior comezaron a tomar esta bebida nas festas ou despois das comidas. En xuntanzas deste tipo xurdiría o costume de acompañar o consumo da queimada de esconxuros compostos ex-profeso para o momento. Este costume espallouse tan axiña que xa no ano [[1955]] o oleiro [[Mondoñedo|mindoniense]] [[Perico Freire]], creou o recipiente de barro cocido, con forma de tarteira e patas nos que se adoita preparar habitualmente.<ref name="GonzálezReboredo" />
 
=== Historia do Conxuro ===
 
O esconxuro ou ''"esconxuro"'' tradicional da queimada foi inventado en [[Vigo]] en [[1967]]<ref name="correo">[http://www.elcorreogallego.es/verano/ecg/cita-estival-38-seminaristas/idEdicion-2009-08-06/idNoticia-455432/] A cita estival de 38 seminaristas</ref> por [[Mariano Marcos Abalo]] para unha festa de xogos florais das moitas que entón tiñan lugar nun barco comisado amarrado no porto da cidade.<ref name="Abalo2">[http://www.lavozdegalicia.com/vigo/2008/10/19/0003_7237455.htm] «Sábese que o conxuro é meu, e iso bástame»</ref> En [[1974]] o seu creador engadiulle as referencias a [[Satán]] e [[Belcebú]] e comezou a representalo na discoteca Fausto d[[Vigo|a Cidade Olívica]].<ref name="Abalo2" /> Por esa mesma época, unha imprenta viguesa comezou a vender copias do esconxuro,<ref name="Abalo2" /> inicialmente sen a súa autorización e logo pagando unha peseta por exemplar vendido,<ref name="Abalo2" /> o éxito fixo que outras empresas comezasen a vender copias pola súa conta, sen ningunha autorización e sen citar o seu nome, o que pode contribuír á crenza de que o esconxuro era dun autor anónimo. No [[2001]], [[Mariano Marcos Abalo]] decidiu rexistrar a propiedade intelectual do esconxuro.<ref name="Abalo1" />
 
==Ingredientes==