Manuel Rodrigues Lapa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
recat
Liña 8:
Foi encarcerado o [[6 de xaneiro]] de [[1949]]<ref>''Presos Políticos no Regime Fascista, V - 1949-1952'', Presidência do Conselho de Ministros, Comissão do Livro Negro sobre o Regime Fascista, Mem Martins, 1987, p. 57</ref>. En [[1957]] exiliouse no [[Brasil]], onde deu clase en varias universidades, e onde realizou investigacións sobre o [[século XVIII]] en [[Minas Gerais]]. Regresou a [[Portugal]] despois do [[Revolución dos caraveis|25 de abril]].
 
En repetidas ocasións voltará a publicar sobre o galego e a Galiza nos anos seguintes. En [[1965]], a súa edición das [[Cantiga de escarnio e maldizer|cantigas de escarnio e maldicir]] imprímese en [[Vigo]]. En [[1973]], Rodrigues Lapa publica un artigo na revista lisboeta ''[[Colóquio / Letras]]'', onde se proclama partidario de que o [[lingua galegogalega|galego]] se escriba con [[ortografía]] [[lingua portuguesa|portuguesa]]. O artigo reeditouse en ''[[Grial (revista)|Grial]]'', o que provocou unha viva polémica, na que toman postura en contra intelectuais galegos, como [[Ramón Piñeiro]],[[ Álvaro Cunqueiro]] e [[Ramón Otero Pedrayo]], ente outros; e a favor [[Valentín Paz Andrade]], [[Ernesto Guerra da Cal]], [[Ricardo Carballo Calero]] e outros.
 
En [[1981]] realizou a que sería a súa última visita a Galiza, para presentar un libro do seu amigo Carballo Calero. Por esta altura padecía xa problemas de saúde que dificultaban os seus desprazamentos. En 1989 falecería na súa morada de Anadia.