Virtus Bologna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Equipo de basquet | cor1 =black | cor2 =white | nome = Virtus Pallacanestro Bologna | logo = | imaxe = | liga = Liga Italiana de Baloncesto | fundado en= 1922 | historia..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 2 de decembro de 2009 ás 23:10

Modelo:Equipo de basquet O Virtus Pallacanestro Bologna é o nome oficial dun histórico clube de baloncesto italiano, fundado en 1922 na cidade de Boloña. É un dos clubes máis prestixiosos de Italia e Europa, como así o acredita o seu palmarés que, entroutros títulos, conta con 2 Euroligas e 1 Recopa de Europa, e 15 Ligas italianas e 8 Copas italianas.

Pese a que o "Virtus Pallacanestro Bologna" é o nome oficial, o clube foi normalmente coñecido co nome que lle deron as diferentes empresas que o patrocinaron ao longo da súa historia, coma a meirande parte dos equipos italianos de baloncesto. Os seus nomes comerciais máis coñecidos son Sinudyne, Granarolo, Knörr, Buckler y Kinder.

Historia

O clube ten unha longa historia. A mellor tempada do Virtus no que se refire aos trofeos foi a 2000-01, cando gañou a Euroliga (ainda que era o ano da escisión entre a FIBA e a ULEB) e a Liga e a Copa italianas. Antes gañara a Euroliga tamén en 1998 con Predrag Danilović.

Sen embargo, logo desa tempada triunfal de 2000-01 varios xogadores clave marcharon. Ao final da tempada 2001-02, Manu Ginobili, o mellor xogador da Final Four de 2001, marchou á NBA, e tamén Marko Jarić. Ao final da tempada 2002-03, o Virtus, como consecuencia de graves problemas financeiros, foi relegado á Segunda División italiana. Conseguiu o retorno á Primeira División, a Lega serie A, na tempada 2006-07.

A forte rivalidade local entre a Virtus e a Fortitudo en Boloña é unha das máis intensas do mundo do deporte. O xornalista da revista americana Sports Illustrated Alexander Wolff adicou un capítulo do seu libro sobre baloncesto Big Game, Small World a esta rivalidade.

Palmarés

Títulos internacionais

Títulos nacionais

Ligazóns