Joaquín Loriga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
arranxiño
Liña 1:
[[Ficheiro:O aviador Loriga. Lalín.JPG|thumb|225px|Joaquín Loriga.]]
 
'''Joaquín Loriga Taboada''', nado en ([[Lalín]], o [[23 de setembro]] de [[1895]] -e finado no [[aeródromo de Cuatro Vientos]], o [[18 de xullo]] de [[1927]]), foi un aviador e militar [[Galicia|galego]]. Participou, xunto con outros dous pilotos e tres mecánicos, no voo Madrid-Manila da escuadrilla ''Elcano''.
 
==Traxectoria==
Liña 11 ⟶ 12:
Os 18.900 kilómetros de recorrido estiveron pragados de contratempos e, divididos en 17 xornadas, foron cubertos en trinta e tres días. Durante a etapa Trípoli-El Cairo, Esteve tivo que dirixirse a Túnez debido a unha avaría no motor. Na etapa [[Hanoi]]-[[Macao]], Loriga tivo que realizar un aterraxe de emerxencia en Macao, debido a unha avaría, polo que finalmente el e Gallarza tiveron que seguir camiño no único aparato dispoñible ata [[Aparri]], primeira escala en Filipinas, onde foron clamorosamente recibidos. Aeroplanos do exército dos [[Estados Unidos]] acompañáronnos na última escala, entre Aparri e Manila, onde os agardaba un recibimento multitudinario. Foron nomeados "Fillos Adoptivos" de Manila e recibiron innumerábeis homenaxes nos trece días de estadía no país, que terían a súa culminación días despois, ao regreso a [[España]].
 
[[Ficheiro:Monumento ao aviador Loriga. Lalín.JPG|thumb|375px|left|Monumento a Joaquín Loriga en Lalín. Obra de [[Francisco Asorey]].]]
En [[1927]] recibiu xunto a Ramón Franco, [[Julio Ruiz de Alda|Ruíz de Alda]] e Gallarza a Medalla da Liga Internacional de Aviadores, e atendendo a petición dos seus paisanos, viaxou a [[Galicia]]. O [[23 de xuño]] de [[1927]] aterrou co seu avión no Monte do Toxo (Lalín), onde unha multitude acudiu a recibilo. Era o primeiro avión que tomaba terra en Galicia. Pouco despois de regresar a Madrid, morreu no aeródromo de Cuatro Vientos, ao estrelarse o avión que pilotaba.
 
Antes da súa morte, os seus paisanos comenzaran unha subscripción para agasallalo cun aeroplano, que nunca foi adquirido. Co diñero reunido decidiuse erguer un monumento na súa memoria. O monumento, obra do escultor [[Francisco Asorey]] foi inaugurado o [[27 de agosto]] de [[1933]] no parque de Lalín. A obra reproduce un avión espetado na terra, que simboliza unha cruz, que preside o aviador. Na base, as palabras "España-Filipinas".
 
 
[[Categoría:Personalidades da aviación|Loriga Taboada, Joaquín]]