Sistema de clasificación de Engler: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Pexego (conversa | contribucións)
orto
Liña 14:
Cada sistema de clasificación filoxenético reflicte as teorías evolutivas da época, e o sistema de Engler non é a excepción. Engler concibiu ao reino das Plantas como composto por Divisións de organismos fotosintéticos ou sen motilidade cada vez máis complexos, sendo os máis complexos descendentes dos máis sinxelos.
 
Aínda que os coñecementos da época non lle permitiron ter moitos acertos nas divisións "inferiores" do reino Plantae (divisións cuxo uso tal como concibiuno Engler está practicamente descartado hoxe en día), os estudos moleculares actuais acordaron a [[monofilético|monofilia]] de varias divisións. Tamén os estudos moleculares acordaron a [[parafilético|parafilia]] doutras divisións, aínda que Engler concibiunas como monofiléticas, as agrupacións parafiléticas son consideradas útiles e son validadas por moitos autores. No caso particular da división Gymnospermae, cuxa monofilia foi moi discutida nos últimos anos e de feito descartada por outros sistemas posteriores como o de [[Sistema Cronquist|Cronquist]], á data de edición deste artigo (decembro do 2006) está practicamente acordado que é monofilética. Tamén a súa división Anxiospermae foi acordada como monofilética practicamente en todos os sistemas de clasificación filoxenéticos, hoxe en día confirmada polos estudos moleculares, aínda que hoxe é máis utilizado nalgunhas áreas o seu sinónimo Magnoliophyta. Dentro da división Anxiospermae, é interesante a súa hipótese sobre a evolución da flor. Engler concibiu ás Gnetopsidas (unha clase de ximnospermas con moitos trazos derivados parecidos aos das anxiospermas) como posuidoras da flor ancestral, polo que fixo a hipótese que a anxiosperma ancestral tiña flores en inflorescencias, que non tiñan perianto, cheiro nin cor, e que se polinizaban a través do vento. Por tanto, as flores con perianto serían máis recentes que as aperiantadas (en particular as flores que só teñen sáibaossépalos serían máis antigas que as que teñen sáibaossépalos e pétalos), e a unión dos pétalos entre si sería un suceso evolutivo posterior. Por tanto a cantidade de pétalos e [[sáibaosépalo]]s nas flores, e se están unidos entre si ou non, serían trazos que reflicten a posición da planta na árbore filoxenética. Aínda que hoxe en día están descartadas todas estas hipóteses da orixe e a evolución da flor, esta clasificación utiliza un carácter moi conspicuo para a determinación (cantidade de pétalos e sáibaossépalos), polo que segue resultando "cómoda" para varios investigadores.
 
== Divisións do reino Plantae ==