Dinky: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m corrixo
m Engado referencias
Liña 1:
O termo '''DINKY''' ou '''dinki''' é un [[acrónimo]] acuñado no [[Reino Unido]] nos anos 80 polo sociólogo [[Millward Brown]] <ref>[http://www.infobaeprofesional.com/notas/22313-Los-dinkies-un-target-atractivo-para-las-marcas-premium.html Artigo sobre parellas dinki]</ref> que corresponde ás palabras inglesas "''double income, no kids yet''" (emen galego "dobre salario, sen fillos aínda"). Utilízase para referirse ao grupo social constituído por parellas de entre 25 e 35 anos, con ingresos elevados e que delongan a súa paternidade de forma indefinida para poderen adicarse ás súas carreiras laborais.
 
==Duración e causas==
A etapa dinki pode considerarse nalgúns casos coma un período de [[transición]] antes de optar por ter un fillo ou pode converterse nunha forma permanente de vida en parella. A aparición desde fenómeno está asociada con distintas [[causa]]s, coma poden ser certas motivacións ideolóxicas (o ambientalismo, a preocupación pola sobrepoboación mundial) ou o cambio de [[rol]]es que tivo lugar na [[sociedade]] nas últimas décadas <ref>[http://www.mujer.notiemail.com/sexualidad/articulos.asp?lang=es&idart=4413&Idsubctg=0 Información en blog sobre parellas dinki]</ref>.
 
==Perfil das parellas==
Segundo estudios sociolóxicos, as parellas dinkies caracterízanse por seren profesionais moi ambiciosos e por manteren uns hábitos de vida un tanto selectos. Por mor da súa condición, adican moito máis tempo a [[Viaxe|viaxar]] e invisten máis cartos en aficións culturais que o resto da poboación. Por outra banda, dado que nun elevado número de casos non se trata dunha unión oficial, a opción do [[aluguer]] é a preferida por este tipo de parellas á hora de compartir vivenda <ref>[http://www.noticiasdealava.com/ediciones/2006/04/14/sociedad/alava/d14ala6.342327.php Noticia sobre dinkies]</ref>.
 
Esta filosofía de vida, que se da tanto en parellas [[Homosexualidade|homosexuais]] coma [[Heterosexualidade|heterosexuais]], é en ocasións duramente criticada pola [[Igrexa]], por considerala unha visión [[Egoismo|egoísta]], que propicia o [[consumismo]] e fai prevalecer o éxito profesional por diante dos valores familiares <ref>[http://www.mujer.notiemail.com/sexualidad/articulos.asp?lang=es&idart=4413&Idsubctg=0 Información en blog sobre parellas dinki]</ref>.
 
===Referencias===
{{Listaref}}
 
[[Categoría:Terminoloxía]]