Marcelino Pardal Pouso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
novo artigo (adaptado desde www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/06/06/0003_7766505.htm?idioma=galego)
 
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Marcelino Pardal Pouso''', nado en [[Ferrol]] en [[1917]] e falecido en [[Bèziers]] ([[Francia]]) o [[19 de maio]] de [[2009]], foi un [[anarquismo|anarquista]] [[Galicia|galego]], ultimo galego en morrer dos que estiveron no [[campo de concentración de Mauthausen]] durante a [[segunda guerra mundial]].
 
==Traxectoria==
Segundo o historiador [[Eliseo Fernández]], pertencía ás [[Juventudes Libertarias]]. Frecuentaba o [[Centro Obreiro de Cultura]] do barrio de [[Ferrol Vello]], que funcionaba como escola e como centro cultural. FutbolistaFoi futbolista do [[Racing de Ferrol]] até o estoupido da [[guerra civil española]], e trala toma da súa cidade polo [[bando nacional]] foi mobilizado polas tropas [[franquismo|franquistas]]. Mais tralo [[asasinato]] do seu irmán Paco, mariñeiro [[II República Española|republicano]] no [[acoirazado España]], decidiu mudar de bando. Pasou ao exército republicano, co que loitou na [[batalla do Ebro]]. Posteriormente cruzou os [[PirineosPireneos]], e en Francia foi internado no [[campo de concentración de Agde]] epara posteriormente ser incluído nas brigadas de traballo que construían a liña férrea a [[Maginot]].
 
Coa toma de Francia por parte das tropas de [[Adolf Hitler]] e a captura de máis de 800 españois, foi trasladado a Mauthausen, tras negar [[Francisco Franco]] que tivesen a nacionalidade española. Considerados apátridas, máis da metade deles faleceron debido ao esgotamento ou aos asasinatos dos carcereiros.