Adriano López Morillo
Adriano López Morillo, nado en Ferrol en 1837 e finado na Coruña en 1913, foi un militar galego, membro numerario da Real Academia Galega.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1837 Ferrol |
Morte | 1913 A Coruña |
País de nacionalidade | española |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Dolores Pardo de Lama |
Fillos | Dolores López y Pardo |
Traxectoria
Foi fillo de Francisco López e María Manuela Morillo. En 1859 casou con Dolores Pardo de Lama y Pardo de Andrade.
Destinárono a Cuba e combateu na República Dominicana de 1865 a 1867, contra os carlistas no País Vasco (1870-1871), na liberación do arsenal de Ferrol que caera en mans dos republicanos en 1872, e contra os carlistas en Tarragona. En 1890 acadou o emprego de tenente coronel, en 1892 o de coronel desempeñando durante dez anos o mando do rexemento de reserva da Coruña, onde finou co rango de xeneral de brigada.
Dirixiu El Tribuno e La Crónica de Luarca. Colaborou en El Correo Militar, onde publicou artigos en contra do servicio militar obrigatorio. Ingresou na RAG o 17 de novembro de 1910 a proposta de Jaime Ozores de Prado, Francisco Tettamancy e Andrés Martínez Salazar, en sesión celebrada en Vigo, co discurso "Un documento histórico poco conocido" (respondido por Wenceslao Requejo Pérez) que fai referencia ao comportamento pouco favorable para Galicia de John Moore na Guerra de independencia contra os franceses. No momento do seu pasamento estaba a rematar a Historia de la guerra de Santo Domingo, inédita ata 1983.
Obra
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Diccionario enciclopédico galego universal 39. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 9. ISBN 84-7680-429-6.
- Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 246.
- Enciclopedia Galega Universal 11. Ir Indo. 1999-2002. p. 251. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-54). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 311.