Ángela Iglesias Rebollar

muller galega
Revisión feita o 14 de setembro de 2014 ás 12:26 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Nova páxina: "'''Ángela Iglesias Rebollar''', alcumada '''A Protestante''', nada en Tui ou na Guarda e finada en Vigo, foi unha muller asasinada aos 26 anos...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Ángela Iglesias Rebollar, alcumada A Protestante, nada en Tui ou na Guarda e finada en Vigo, foi unha muller asasinada aos 26 anos de idade, durante a Guerra Civil Española.

NA MEMORIA
DOS HOMES E MULLERES
DE TEIS ASASINADOS E
REPRESALIADOS DURANTE
A DITADURA FASCISTA
(1936-1975) POLA
DEFENSA DA DEMOCRACIA E DOS
INTERESES POPULARES

NESTE LUGAR FORON ASASINADOS
ÁNGELA IGLESIAS REBOLLAR E
JOSÉ NIEBLA GARCÍA   11-04-1937

TEIS, 25 DE DECEMBRO DE 2008

Traxectoria

Casada con José Niebla García, con dous fillos, José e Eliseo, e esperando un terceiro, evanxélicos e acusados de dar refuxio aos fuxidos do réxime, o 11 de abril de 1937 asaltaron e saquearon a súa casa do Toural, Teis, queimando os seus bens e incautando unha máquina de coser. Os fillos foron separados do matrimonio, que foi paseado ata o cumio do monte da Guía, onde os executaron a tiros.

No ano 2008 o concello de Vigo adicoulle o nome dunha rúa.[1]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas