Museo de Historia Natural de Londres

Revisión feita o 30 de outubro de 2013 ás 22:50 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Artigo creado co Asistente para a creación de artigos, traducindo e adaptando dende es:Museo de Historia Natural de Londres, a foto do dinosauro e do galego Commons:User:Drow male)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

O Museo de Historia Natural (Natural History Museum) de South Kensington, en Londres, é un dos tres grandes museos localizados na rúa Exhibition Road, en Kensington (os outros dous son o Science Museum e o Vitoria and Albert Museum). O museo posúe unha variada colección con máis de 70 millóns de especímenes e obxectos en exposición. As cinco coleccións máis importantes son as correspondentes ás áreas de: botánica, entomoloxía, mineraloxía, paleontoloxía e zooloxía.

Natural History Museum
Museo de Historia Natural de Londres
Coordenadas51°29′46″N 0°10′35″O / 51.495983, -0.176372
País Reino Unido
CidadeLondres
DirectorMichael Dixon
Inauguración1881
Visitantes41105.106 en 2009
Na rede
http://www.nhm.ac.uk
IMDB: co0062224 Facebook: naturalhistorymuseum Twitter: NHM_London Instagram: natural_history_museum LinkedIn: natural-history-museum Youtube: UC7zosc8-0T6Dfyo1bg0w7KA GitHub: NaturalHistoryMuseum Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Descrición

 
Réplica de diplodocos.

O museo é coñecido polo seu gran salón central onde se mostran esqueletos de diferentes dinosauros, en particular, un enorme diplodocos que domina a entrada do edificio ademais dun mastodonte atopado na Lagoa de Tagua Tagua da Rexión de O'Higgins de Chile.

Foi construído entre 1873 e 1880 para albergar a crecente colección de esqueletos, plantas e fósiles que constituían unha sección do Museo Británico. Legalmente o museo de historia natural permaneceu como parte do Museo Británico ata 1963. En 1986 absorbeu o próximo Museo Xeolóxico adquirindo o nome oficial de Natural History Museum.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas