Sikong Tu

Poeta e crítico literario da dinastía Tang

Sikong Tu (chinés tradicional: 司空圖; chinés simplificado: 司空图; pinyin: Sīkōng Tú; Wade-Giles: Ssu1-k'ung1 T'u2), nome de cortesía Biaosheng 表聖, nado no 837 e finado no 908, foi un poeta e crítico literario chinés de finais da dinastía Tang.[1]

Infotaula de personaSikong Tu
Biografía
Nacemento837 Editar o valor em Wikidata
Yongji, Shanxi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte908 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeDinastía Tang Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
LinguaChinés clásico Editar o valor em Wikidata

IMSLP: Category:Sikong,_Tu Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Sikong Tu naceu Yuxiang, na actual provincia de Shanxi. Na súa mocidade, Wang Ning recoñeceuno polas súas capacidades. Baixo a súa recomendación, o emperador Yizong concedeulle o grao de jinshi no 869. Como mostra de agradecemento, Sikong Tu abandonou máis tarde o seu posto de funcionario para vivir baixo o goberno de Wang Ning. No 878, foi nomeado rexistrador principal do templo de Guanglu, en Luoyang. Durante a súa estadía, impresionou a Lu Xie, quen chegaría a ser primeiro ministro. Posteriormente, Si Kongtu aceptou un alto cargo no Ministerio de Ritos, para despois ser ascendido ao rango de doutor.[1]

Duranto o primeiro ano do reinado do emperador Xizong (880), Huang Chao entrou coas súas tropas na capital de Chang'an. Sikong Tu rexeitou o seu recrutramento e fuxiu a Fengxiang, onde se atopaba o emperador. Ao ano seguinte, o emperador trasladouse a Baoji, e o poeta regresou á súa cidade natal, recluíndose na montaña Zhongtiao. Rexeitou varias ofertas do monarca para servir como ministro, até que finalmente aceptou regresar como funcionario do primeiro ministro Liu Can.[1]

No 907, Zhu Wen depuxo ao emperador Ai dos Tang, fundando a dinastía Houliang. Ao ano seguinte, Ai foi asasinado. Ao coñecer a noticia, Sikong Tu fixo folga de fame e faleceu. O poeta non tivo descendencia, mais si unha esposa, Yao Yi. Xa que logo, legou a súa herdanza ao seu sobriño.[1]

Obra editar

A obra principal de Sikong Tu é o Ershisi shipin 二十四诗品 ("As vinte e catro categorías da poesía"), unha das principais poéticas chinesas.[2] Porén, na actualidade existen dúbidas sobre a autoría do texto.[3] O libro está composto por unha serie de poemas que aplican e ilustran as ideas do autor sobre a composición literaria.[2]

O Ershisi shipin tivo unha grande influencia na teoría da literatura do poeta Wang Shizhen (1634-1711), da dinastía Qing.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "司空图". 百度百科. Consultado o 2024-02-16. 
  2. 2,0 2,1 Las veinticuatro categorías de la poesía (en castelán). Trotta. 2021. 
  3. 吳航斌 (2016-05-18). 司空圖二十四詩品解析 (en chinés). 致知學術出版. ISBN 978-986-5681-58-6. 
  4. www.fractal-technology.com. "王士禛". 故宫博物院. Consultado o 2024-02-16. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Sikong Tu (La literatura traducida en España)