Áurea María Victoria Álvarez Varela

científica galega


Áurea Álvarez Varela, nada o 13 de xullo de 1915 en Monterroso e finada no ano 2008, foi unha científica galega, pioneira das estudantes de ciencias na Universidade de Santiago de Compostela.

Infotaula de personaÁurea María Victoria Álvarez Varela
Biografía
Nacemento13 de xullo de 1915 Editar o valor em Wikidata
Monterroso, España Editar o valor em Wikidata
Morte2008 Editar o valor em Wikidata (92/93 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncientífica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O seu pai era José Álvarez Cabana, natural tamén de Monterroso e avogado de profesión. A nai chamábase Sofía Varela Cabana e era de Palas de Rei. Cursou estudos de Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela entre 1931 e 1936.[1] Foi profesora e deu clases en Vilalba (Lugo).[2]

Casou con Javier Teijeira Brunet,[2] que coñeceu cando eran estudantes. Tivo 7 fillos: Áurea, Gerardo, Javier, José Manuel, Rafael, Lourdes e Mª Jesús.

Notas editar

  1. Pintos (2016)
  2. 2,0 2,1 Lema, Rafael. "Javier Teijeira, nacido en Ponte do Porto, pionero de la neurofisiología en España". El Ideal gallego (en castelán). Consultado o 2021-01-16. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar