Carl Presl

botánico checo

Karel Bořivoj Presl, máis coñecido na bibliografía internacional como Carl Presl ou Karl Presl, nado o 17 de febreiro de 1794 en Praga, e finado na mesma cidade o 8 de outubro de 1852, foi un botánico bohemio.

Infotaula de personaCarl Presl

Karel Bořivoj Presl
Biografía
NacementoKarel Bořivoj Presl
17 de febreiro de 1794
Praga, Bohemia, Sacro Imperio Romano-Xermánico
Morte8 de outubro de 1852
Praga, Bohemia, Imperio austríaco
Lugar de sepulturacemiterio de Vyšehrad (Vyšehradský hřbitov) de Praga 
Datos persoais
País de nacionalidadebohemia
Formación profesionalDoutor en Medicina e en Filosofía
EducaciónUniversidade Carolina de Praga
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico, profesor universitario
EmpregadorUniversidade Carolina de Praga Editar o valor em Wikidata
Membro de
Linguaalemán, latín
Obra
Abreviación dun autor en botánicaC.Presl Editar o valor em Wikidata
Familia
NaiMaria Theresia Anna Presl, nada Straka
Irmáns6, un deles Jan Svatopluk Presl
Premios
Membro da Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina
Membro correspondente da Academia prusiana das ciencias
Lápida da tumba dos irmáns Presl, no cemiterio de Vyšehrad

O seu primeiro nome tamén aparece escrito como Carl ou Carel, ou Carolus, e o seu segundo nome tamén aparece na grafía Bořiwog, Boriwog, Boriwag.[1]

Traxectoria editar

Presl pasou toda a súa vida en Praga, agás no ano 1817, en que fixo unha expedición a Sicilia.

Estudou na Universidade Carolina de Praga da que posteriormente foi profesor de historia natural e tecnoloxía.[2]

O seu irmán máis vello Jan Svatopluk Presl (1791-1849) foi profesor de zooloxía e mineraloxía na mesma Universidade.[2]

En 1820 publicou unha Flora bohemica. Foi o descritor de máis de 4 000 especies de plantas.[1]

En 1837 foi elixido membro da Leopoldina.[3] E desde 1838 Presl foi membro correspondente da Academia prusiana das ciencias..

Obras editar

  • Reliquiae Haenkeanae.... 1825–1835
  • Flora sicula, exhibens plantas vasculosas in Sicilia... 1826
  • "Lepisia, Novum Plantarum Genus". Pragae [Praga], C.Presl, 30 de maio de 1829
  • Repertorium Botanicae Systematicae C. Presl, 1, nov-dec. 1833; fasc. 2, 1834 en liña en Galica
  • "Epistola de Symphysia, Novo Genere Plantarum, ad Illustrissimum Liberum Baronem Josephum de Jacquin", marzo de 1827
  • "Thysanachne, Novum Plantarum Genus". Pragae [Prada], C.Presl, 30 de maio de 1829
  • Botanische Bemerkungen, 1844 (obra en latín, introdución en alemán) en liña en Galica
  • "Hymenophyllaceae", C.Presl, finais de 1843
  • Reliquiae Haenkeanae, 2 volumes en 7 partes, 1825-1835
  • "Pedilonia, Novum Plantarum Genus". Pragae [Praga], C. Presl, 15 de maio de 1829
  • Beschreibung Zweier Neuen Boehmischen Arten der Gattung Asplenium, C.Presl, 1836
  • Epimeliae Botanicae. Pragae [Praga], C.Presl, outubro de 1851
  • Tentamen Pteridographiae, C.Presl, 2 de decembro de 1836 en liña en Galica
  • Cyperaceae et Gramineae Siculae. Pragae [Praga], C.Presl, 1820
  • "Didymonema, Novum Plantarum Genus". Pragae [Praga], C.Presl, 30 de maio de 1829
  • Vegetabilia Cryptogamica Boemiae Collecta a Joanne et Carolo, C.Presl Fasc. 1. nº 1 a 25. Marzo de 1812. Fasc. 2. nº 26 a 50. Maio de 1812
  • Symbolae Botanicae sive Descriptiones et Icones Plantarum Novarum ... C.Presl, 2 volumes
  • "Steudelia, Novum Plantarum Genus". Pragae [Praga], C.Presl, 30 de maio de 1829
  • Prodromus Monographiae Lobeliacearum, C.Presl, xull-ago 1836
  • Flora Sicula, C.Presl, 1826
  • Supplementum Tentaminis Pteridographiae, Continens Genera et Species Ordinum Dictorum Marattiaceae, Ohioglossaceae, Osmundaceae, Schizaeaceae et Lygodiaceae, Pragae [Praga], C.Presl, 1845
  • "Polpoda, Novum Plantarum Genus". Pragae [Praga], C.Presl, 30 de maio de 1829
  • "Scyphaea, Novum Plantarum Genus". Pragae [Praga], C.Presl, 30 de maio de 1829
  • Epimeliae botanicae: cum tabulis quindecim lithographicis – Pragae [Praga]: A. Haase , 1849 en liña en Galica

Honores editar

Epónimos editar

Xénero editar

  • O xénero Preslia foi nomeado en honra a el e ao seu irmán Jan Svatopluk Presl.[2]

Revista editar

  • A revista científica Preslia da Sociedade Botánica Checa, que se publica desde 1914, tamén leva o nome dos dous irmáns.

Abreviatura editar

A abreviatura C.Presl emprégase para recoñecer a Carl Presl como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Presl, Carl (Karl, Carel, Carolus) Bořivoj (Boriwog, Boriwag) (1794-1852) no IPNI.
  2. 2,0 2,1 2,2 Lotte Burkhardt (2018): Verzeichnis eponymischer Pflanzennamen – Erweiterte Edition. Teil I und II. Berlin: Botanic Garden and Botanical Museum Berlin, Freie Universität Berlin. ISBN 978-3-9462-9226-5.
  3. Karel Presl. Ano de elección: 1837 Arquivado 31 de outubro de 2020 en Wayback Machine. na páxina web da Leopoldina.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Constantin von Wurzbach (1872): "Prešl, Karl Borsiwoj". En: Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich. 23. Theil. Kaiserlich-königliche Hof- und Staatsdruckerei, Wien, pp. 275–279. (Dixitalizado). (en alemán).
  • Ernst Wunschmann (1888): "Presl, Karl". En: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Band 26, Duncker & Humblot, Leipzig, pp 569–572. (en alemán).
  • Eva Hoffmannová (1873):Jan Svatopluk Presl, Karel Bořivoj Presl. Melantrich, Prag. (en checo).
  • H. Riedl (1983): "Presl Karel Bořivoj". En: Österreichisches Biographisches Lexikon 1815–1950 (ÖBL). Band 8, Verlag der Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Wien, ISBN 3-7001-0187-2, p. 267. (en alemán).
  • Robert Zander (1984): Zander Handwörterbuch der Pflanzennamen. Hrsg.: Fritz Encke, Günther Buchheim, Siegmund Seybold. 13., neubearbeitete und erweiterte Auflage. Eugen Ulmer, Stuttgart. ISBN 3-8001-5042-5. (en alemán).

Outros artigos editar