Diego de Torres Villarroel
Diego de Torres Villarroel, nado en Salamanca en 1693 e finado na mesma cidade o 19 de xuño de 1770, foi un escritor, poeta, dramaturgo, médico, matemático e sacerdote español, profesor na Universidade de Salamanca.[1] A súa obra máis coñecida é a súa autobiografía, Vida, ascendencia, nacimiento, crianza y aventuras del Doctor Don Diego de Torres Villarroel, publicada por primeira vez en 1743.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | xuño de 1694 Salamanca, España |
Morte | 19 de xuño de 1770 (75/76 anos) Salamanca, España |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | escritor, médico, catedrático, dramaturgo, matemático, poeta, novelista |
Empregador | Universidade de Salamanca |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Obálky knih, Encyclopædia Britannica |
Traxectoria
editarVillarroel naceu en Salamanca e foi bautizado o 18 de xuño de 1694. O seu pai era un libreiro pobre e a súa nai era filla dun pañeiro. Tras unha educación elemental pasou a estudar latín con Juan González de Dios, que posteriormente se converteu en profesor de humanidades na Universidade de Salamanca. Villarroel entrou entón no Colegio Trilingüe de Salamanca. Porén, nesta época, o mozo Villarroel tiña pouco interese por aprender e o seu comportamento rebelde e disruptivo provocoulle problemas coas autoridades. Só cando comezou a ler libros na tenda do seu pai descubriu o seu amor polas matemáticas e a astroloxía.
Villarroel estaba tan deshonrado coas autoridades do colexio que decidiu fuxir a Portugal onde levou unha vida de aventuras en que foi sucesivamente un eremita, mestre de danza, alquimista, matemático, soldado, toureiro, estudante de medicina e astrólogo. Cando volveu a Salamanca, estableceu un programa serio de lecturas de libros sobre ciencia, maxia e matemáticas, mentres gañaba a vida publicando almanaques e predicións anuais baixo o pseudónimo de "O gran Piscator de Salamanca". En 1724, predixo con éxito a morte do rei Lois I.
En 1723 mudouse a Madrid onde fixo amigos influentes. Estudou medicina e graduouse na cidade de Ávila. De volta a Madrid empobreceu tanto que decidiu dedicarse ao contrabando para facer cartos, mais salvouno o patrocinio da condesa de Arcos, cuxa casa tratara de librar dun poltergeist.
Tras varios anos, Villarroel volveu de novo a Salamanca, onde descubriu que a cátedra de matemáticas da universidade estaba baleira e decidiu solicitala. Venceu con facilidade o seu único rival e nomeárono profesor, a pesar de que os seus coñecementos sobre a materia aínda eran rudimentarios.
En 1732 foi desterrado de España por axudar o seu amigo Juan de Salazar nunha disputa que se volvera violenta. Os dous intentaran fuxir a Francia, mais volvera a España para asumir as consecuencias. Pasou o seu exilio en Coímbra cun decreto que o permitía volver a Salamanca en 1734. A partir dese momento dedicou o seu tempo ao seu posto na universidade, a escribir varios libros e a realizar frecuentes visitas a Madrid, onde coñeceu a duquesa de Alba. En 1743 publicou os primeiros catro capítulos da súa autobiografía, que obtivo un éxito tremendo. O capítulo quinto apareceu despois de 1752 e o sexto en 1758.
En 1750 permitíronlle retirarse cunha pensión por decreto real. A súa vida volveuse moito máis tranquila e en 1752 publicou unha edición completa das súas obras cunha subscrición pública. Isto era enormemento infrecuente na época e mostra a popularidade de Villarroel como autor. Faleceu o 19 de xuño de 1770 aos 77 anos.
Influencia da lingua leonesa
editarAlgúns estudos filolóxicos salientaron o uso frecuente nos seus traballos de elementos propios da lingua leonesa. Neste sentido, prefixos leoneses como "peri" (máis), palatalizacións (llo, lla, llas) ou formas verbais como "jicioren" (fixeron, fronte ao castelán "hicieron"), "salioren" (saíron, en castelán "salieron") ou "dixioren" (dixeron, en castelán "dixeron") aparecen con frecuencia nos seus traballos.[2][3]
Edicións máis importantes
editarObras completas
editar- Libros en que estan reatados diferentes quadernos physicos, medicos, astrologicos, poeticos, morales, y mysticos que años passados dio al publico en producciones pequeñas el Doctor Don Diego de Torres... Salamanca: Imprentas de Antonio Villagordo e de Pedro Ortiz Gómez, 1751 e 1752, 13 volumes
Prosa
editar- Almanaques e Pronósticos de el Gran Piscator de Salamanca (1718-1766)
- Sueños morales. Visiones y visitas de Torres con don Francisco de Quevedo por Madrid (1727-1737)
- Sacudimiento de mentecatos habidos y por haber (1726)
- Vida natural y católica, medicina segura para mantener menos enferma la organizacion del cuerpo... (1730, prohibida máis adiante pola Inquisición)
- Barca de Aqueronte y residencia infernal de Plutón (1731, publicada en 1743)
- Los desahuciados del mundo y de la gloria (1736-1737)
- Anatomía de lo visible e invisible en ambas esferas (1738)
- Tratados físicos y médicos de los temblores y otros movimientos de la tierra, llamados vulgarmente terremotos (1751)
- El ermitaño y Torres, aventura curiosa en que se trata de la piedra filosofal y las tres cartillas rústica, médica y eclesiástica... (1752)
- Vida, ascendencia, nacimiento, crianza y aventuras de el doctor don Diego de Torres Villarroel, catedrático de prima de Matemáticas en la Universidad de Salamanca... (1743-1751, publicado por entregas)
- Recetas de Torres, añadidas a los remedios de cualquier fortuna
- El gallo español
- Un viaje fantástico
- Vida ejemplar, virtudes heroicas y singulares recibos de la venerable madre Gregoria Francisca de Santa Teresa, carmelita descalza, en el convento de Sevilla, en el siglo doña Gregoria Francisca de la Parra Queinoge
Poesía
editar- Ocios políticos en poesías de varios metros (1726)
- Juguetes de Thalia, entretenimientos en el numen: varias poesias, lyricas y comicas... 1752.
Teatro
editar- Juguetes de Thalía, entretenimientos en el numen (Salamanca, 1752)
- Zarzuelas
- Juicio de Paris y robo de Helena incluída en Juguetes de Thalía
- La armonía de lo insensible incluída en Juguetes de Thalía
- Con José Ormaza, Eneas en Italia incluída en Juguetes de Thalía
- Entremeses
- El duende, incluído en Juguetes de Thalía
- Sainetes
- Los gitanos, incluído en Juguetes de Thalía
- La peregrina, incluído en Juguetes de Thalía
- El poeta, incluído en Juguetes de Thalía
- El valentón, incluído en Juguetes de Thalía
- La taberna de la puerta de Villamayor, incluído en Juguetes de Thalía
- Sainete entremesado para La armonía de lo insensible, incluído en Juguetes de Thalía
- Fiesta de gallos y estafermo en la aldegüela, publicado solto
- El miserable, publicado solto
Notas
editar- ↑ Biografía de Diego de Torres
- ↑ López Morales, Elementos leoneses en la lengua del teatro pastoril de los siglos XV y XVI, 1967
- ↑ Ramón Menéndez Pidal, El Dialecto Leonés (1906)