Frederico I de Saxonia
Frederico I de Saxonia e IV de Meissen, o Pendenceiro (en alemán: Friedrich der Streitbare, nado en Altenburg o 11 de abril de 1370, e finado na mesma cidade o 4 de xuño de 1428, foi margrave da Marca de Meissen-Lusacia entre 1381 e 1423 como Frederico IV, e conde palatino de Saxonia e príncipe elector de Saxonia entre 1423 e 1428.
Nome orixinal | (de) Friedrich IV |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de abril de 1370 Dresden, Alemaña |
Morte | 4 de xaneiro de 1428 (57 anos) Altenburg, Alemaña |
Lugar de sepultura | Meissen Cathedral (en) |
6º Prince-Elector of Saxony (en) | |
6 de xaneiro de 1423 – 4 de xaneiro de 1428 ← Albert III, Duke of Saxe-Wittenberg (en) – Frederico II de Saxonia → | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | Casa de Wettin |
Cónxuxe | Catarina de Brunsvique-Luneburgo (1402, 1402 (Gregoriano)–1428) |
Fillos | Frederico II de Saxonia, Sigismund of Saxony, Anna of Saxony, Landgravine of Hesse, Catarina de Saxonia, Henry of Saxony, William III |
Pais | Frederico III de Wettin e Katharina von Henneberg |
Irmáns | William II, Margrave of Meissen George of Meissen |
Parentes | Margarida da Áustria, nora |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarFrederico era fillo de Frederico III de Turinxia, o Severo, da casa de Wettin e de Catarina de Henneberg.
Sucedeu ao seu pai aos once anos, xunto aos sus irmáns Guillerme II de Meissen o Rico e Xurxo de Meissen, e ao seu primo Frederico IV de Meissen o Pacífico, fillo de Baltasar de Turinxia. Todos eles estiveron baixo a tutela do seu tío Guillerme I de Meissen o Torto.
Desde mozo distinguiuse como guerreiro, de onde procede o seu alcume, e participou na expedición dos Cabaleiros Teutónicos contra os lituanos e o rei Venceslau IV de Bohemia.
Tamén foi un gobernante culto e, en 1409, fundou a Universidade de Leipzig, en beneficio dos estudantes alemáns que abandonaran a Universidade de Praga despois dos acontecementos relacionados co Cisma de Occidente.
Uniuse ao bando do Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico Sexismundo durante as guerras husitas.
Polos seus servizos foi recompensado o 6 de xaneiro de 1423, co Ducado de Saxonia-Wittenberg e o condado Palatino de Saxonia, tras a morte do último ascanio, Alberte IV de Saxonia.
Con estas adquisicións, os territorios dos Wettin creceron en gran medida, e os seus Estados comezaron a seren dos máis poderosos dentro do Sacro Imperio Romano Xermánico. Frederico IV empezou a nomearse el mesmo Frederico I Duque e Elector.
Coa morte de seu irmán Guillerme II o Rico, Frederico converteuse no gobernante de todos os territorios da casa de Wettin, exceptuando o Landgraviato de Turinxia. Foi o primeiro Wettin enterrado na Capela Ducal da Catedral de Meissen, en 1428.
Matrimonio e descendencia
editarFerderico contraeu matrimonio con Catarina de Brunswick-Lüneburg o 7 de febreiro de 1402, coa que tivo sete fillos:[1]
- Frederico II de Saxonia o Apacíbel, Elector de Saxonia;
- Ana de Saxonia, esposa de Lois I, Landgrave de Hesse;
- Catarina, esposa de Frederico II de Brandeburgo;
- Henrique;
- Guillerme III de Turinxia o Valente, Landgrave de Turinxia;
- Sigmundo, bispo de Wurzburgo;
- Catarina (falecida a temperá idade).
Predecesor: Alberte IV |
Elector de Saxonia 1423 - 1428 |
Sucesor: Frederico II |
Notas
editar- ↑ Biographie, Deutsche. "Friedrich I. - Deutsche Biographie". www.deutsche-biographie.de (en alemán). Consultado o 23 de xuño de 2022.