Alessandra Giliani

Alessandra Giliani, nada probablemente en San Giovanni in Persiceto en 1307 e finada o 26 de marzo de 1326, foi a primeira muller en ser rexistrada en documentos históricos como practicante da anatomía, o que hoxe se chamaría patoloxía.[1]

Modelo:BiografíaAlessandra Giliani

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1307 Editar o valor en Wikidata
San Giovanni in Persiceto, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte3 de abril de 1326 Editar o valor en Wikidata (18/19 anos)
EducaciónUniversidade de Boloña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónanatomista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Boloña Editar o valor en Wikidata
ProfesoresMondino de Liuzzi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Algúns estudosos consideran que foi inventada por Alessandro Machiavelli (1693-1766),[2] mentres outros manteñen que a participación dunha muller na anatomía nesa época era tan asombrosa que foi suprimida da historia.[3]

Traxectoria

editar
 
Mondino dei Liuzzi, Anathomia, 1541

Crese que Giliani naceu en 1307. A crónica da súa vida afirma que faleceu en 1326, posiblemente por unha ferida séptica, aos dezanove anos.[1] Lembrada como a primeira anatomista feminina do mundo occidental, foi célebre por ser unha brillante prosectora (preparadora de cadáveres para a disección anatómica). Traballou como asistente cirúrxica para Mondino de Luzzi (falecido en 1326), profesor de sona na Universidade de Boloña e acreditado por ser o pai da anatomía moderna grazas a un texto seminal datado en 1316.[3]

De Giliani dise que levou a cabo as súas propias investigacións anatómicas, como o desenvolvemento dun método para drenar o sangue dun cadáver e a súa substitución por un endurecemento de tintura e cor, axudando á compresión do sistema circulatorio coronario pulmonar. Toda a evidencia do seu traballo perdeuse ou foi destruído.

A curta vida de Alessandra Giliani foi honrada por Otto Angenius, tamén un dos axudantes de Mondino e, probablemente, o seu prometido, cunha placa no San Pietro e Marcellino degli Spedolari di Santa Maria di Mareto, o d'Ulmareto,[4] que describe o seu traballo.

Legado

editar

Foi mencionada polo historiador do século XIX Michele Medici, que publicou unha historia sobre a escola boloñesa de anatomía en 1857.

A novela de Barbara Quick,A Golden Web publicada por HarperTeen en 2010, é unha ficción que imaxina a vida nos tempos de Alessandra Giliani.

O cráter de Venus Giliani foi bautizado na súa honra.[5]

O seu nome aparece no Heritage Floor da instalación The Dinner Party da artista Judy Chicago.[6]

  1. 1,0 1,1 Oakes, Elizabeth H. (2007). Encyclopedia of world scientists (en inglés) (Rev. ed.). Nova York: Facts on File. ISBN 1438118821. 
  2. Anthony Grafton , Forgers and Critics: Creativity and Duplicity in Western Scholarship , 1990 Note 5 on p. 138
  3. 3,0 3,1 Quick, Barbara. "Alessandra in History". A Golden Web (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2011. Consultado o 25 de xullo de 2013. 
  4. Medici, Michele (1857). Compendio storico della Scuola anatomica di Bologna (en italiano). pp. 28–30. Consultado o 30 de agosto de 2014. 
  5. Working Group for Planetary System Nomenclature (1995). Gazetteer of Planetary Nomenclature 1994 (PDF) (en inglés). Washington: International Astronomical Union, United States Government Printing Office. p. 16. 
  6. Alessandra Giliani en The Dinner Party

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar