Ígor de Kíiv

monarca varego da Rus de Kíiv entre 912 e 945

Ígor (en nórdico antigo: Ingvar), nado contra 878, tamén coñecido como Ígor I e Ígor o Vello, foi un monarca varego da Rus de Kíiv que reinou entre o anos 912 e 945.

Ígor
Príncipe da Rus de Kíiv
Ígor I

Reinado914 - 975
Nome completoÍgor Ruríkovich ?
Nacementoca. 878
Falecemento975
Iskorosten
PredecesorOleg "o Sabio"
SucesorOlga
ConsorteOlga de Kíiv
ProxenitoresRúrik ?

Na rede
WikiTree: Рюрикович-1

Reinado editar

Coñécense moi poucos datos da súa vida e do seu goberno, a maioría dos cales extraéronse da Crónica de Néstor, a primeira crónica sobre os rus'. Suponse que mon se van poder obter moitos rexistros daqueles momentos debido ao dominio dos kházaros.

De feito, dubídase se Ígor fora descendente do fundador da dinastía, Rúrik. Probabelmente fora un cuñado,[1] pero certamente era un varego de orixe (é dicir, un viquingo orixinario de Suecia), que tomou a herdanza de Rúrik, a dirección dos asuntos da Rus.

Ígor sitiou dúas veces a cidade de Constantinopla, en 941 e en 944. Pero a destrución do seu exército polos gregos obrigou ao príncipe a asinar un tratado de paz co emperador bizantino, tratado que se recolle na citada Crónica de Néstor.

Por outra parte, os rus' de Kíiv saquearon nos anos 913 e 944 as poboacións musulmás do mar Caspio a través de varias expedicións á zona ordenadas por Ígor.

Porén, en contra destes escritos, segundo o historiador francés Constantine Zuckerman, a cronoloxía que recolle a Primeira Crónica pon de relevo o feito de que Ígor só reinou a rus de Kíiv durante tres anos, desde o verán de 941 até a súa morte, en 945. De feito, ningunha crónica recolle o seu nome en datas anteriores de 941, aínda que coñecemos a data da morte do seu predecesor no trono, Oleg, 912.

Morte e sucesión editar

O príncipe Ígor encontrou a morte en 945, mentres recadaba os tributos dos drevlianos. Segundo o historiador bizantino León o Diácono, "conseguiron amarrar ao príncipe a dúas árbores que foran inclinadas. Deixándoas que recuperasen a súa posición, esnaquizaron o corpo do príncipe". A Crónica de Néstor busca a causa deste asasinato no feito de que Ígor tratou de cobrar os impostos até dúas veces nun mesmo mes.

Como resultado deste feito, a sucesora no trono, a súa esposa Olga, cambiou de arriba a abaixo o sistema de recadación de impostos (poliudie) no que se pode chamar a primeira reforma legal da que se ten memoria na Europa do Leste.

Galería editar

Predecesor:
Oleg
Gran Príncipe de Kíiv

 
912-945

Sucesor:
Olga

Notas editar

  1. Considerouse en ocasións como fillo de Rúrik como, por exemplo en Lelorrain, Anne-Marie (dir.) (2005). El imperio carolingio y la llegada del feudalismo 814-1147. Larouse. ISBN 84-8332-629-9. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Christian, David (1998). A History of Russia, Central Asia and Mongolia, Vol. 1. Blackwell. 
  • Dunlop, D.M. (1954). History of the Jewish Khazars. Princeton: Princeton Univ. Press. 
  • Gregoire, H. (1937). 'Le "Glozel' khazare. Revue des Études Byzantines 12. 
  • al-Miskawaihi (1921). The Eclipse of the 'Abbasid Caliphate (Tradución de D. S. Margoliouth ed.). Oxford. 
  • Mosin, V. (1931). Les Khazars et les Byzantins d'apres l'Anonyme de Cambridge. Revue des Études Byzantines 6. pp. 309–325. 
  • Zuckerman, Constantine (1995). On the Date of the Khazar’s Conversion to Judaism and the Chronology of the Kings of the Rus Oleg and Igor. Revue des Études Byzantines 53. pp. 237–270. 
  • Kendrick, T. D. (2004). A History of the Vikings. Courier Dover Publications. pp. 151–152. ISBN 0-486-43396-X. 

Outros artigos editar