Drevlianos

pobo eslavo oriental entre os séculos VI e X

A tribo dos drevlianos (en ucraíno: Деревляни, en ruso: Древляне) foi un pobo eslavo oriental, veciño de Kíiv, que existiu entre os séculos VI e X.

Os pobos eslavos entre os séculos VIII e IX.

Etimoloxía

editar

O nome da tribo deriva do eslavón (ou eslavo meclesiástico antigo) древо ou дерево, que significa "árbore". Déuselles este nome porque vivían habitualmente nos bosques.

Situación xeográfica

editar

Habitaron os territorios de Polesia e da "marxe dereita de Ucraína" (basicamente, os territorios comprendidos entre os ríos Dniéster e Dniéper e, polo norte, o río Prípiat). Polo oeste, os territorios dos drevlianos alcanzaban o río Sluch, onde vivían os volinios e os buzhanos. Cara ao norte, os veciños dos drevlianos eran os dregovichs.

Arqueoloxía

editar
 
Ígor de Kíiv cobrando o tributo aos drevlianos, por Klavdiy Lebedev (1852-1916).
 
Olga vingándose do asasinato do seu marido.

Os drevlianos deixaron numerosas pegadas arqueolóxicas, de plantacións agrócolas, restos de habitáculos (covas), túmulos, vilas fortificadas (como Ovruch), restos dun asentamento en Gorodsk, cerca de Malyn, que sería a suposta residencia do príncipe drevliano Mal.

Historia

editar

A capital dos drevlianis era Iskorosten (hoxe Korosten), onde os restos arqueolóxicos son aínda visíbeis. Contra a fin do primeiro milenio, os drevlianos vivían da agricultura e do artesanado.

Os drevlianos sempre opuxéronse firmemente a toda tentativa de inclusión na Rus de Kíiv. Segundo as crónicas do tempo dos fundadores lendarios de Kíiv, Kij, Scek e Khoriv, os drevlianos tiñan as súas propias leis principescas e estabam frecuentemente en guerra cos polanos orientais.

Foron sometidos en 883 polo príncipe varego da Rus de Kíiv Oleg o Sabio, pero frecuentemente se rebelaban. Despois da súa conquista polos rus', a cidade foi queimada e a capital transferida a Ovruch.

En 907 tomaron parte na guerra entre a Rus' e os bizantinos.

Tras da morte de Oleg en 912, os drevlianos deixaron de pagar tributo á Rus. O señor varego Sveneld lles facía pagar tributo para el mesmo. O sucesor de Oleg, Ígor, tratou de aparatar a tribo de Sveneld no seu propio beneficio, pero foi morto cando os drevlianos se rebelaron en 945.

A súa viúva e sucesora, Olga, vingou a morte do seu esposo matando a varios embaixadores e nobres drevlianos, e incendiou varioas cidades, etre elas a capital Iskorosten. O territorio foi de contado transformado nun apanaxio (especie de feudo de Kíiv. Os drevlianos foron case exterminados no século X.

A derradeira mención ao seu nome corresponde ao ano 990, na Crónica de Néstor.[1], escrita contra 1120.

  1. Klimenko, Michael (1969): Ausbreitung des Christentums in Russland seit Vladimir dem Heiligen bis zum 17. Jahrhundert: Versuch einer Übersicht nach russischen Quellen. Berlin & Hambourg: Lutherisches Verlagshaus, p. 123

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar