Ramón González Calviño

zapateiro e político galego

Ramón González Calviño, nado en Ourense cara a 1886 e finado na mesma cidade o 1 de abril de 1937, foi un zapateiro e político galego.

Infotaula de personaRamón González Calviño
Biografía
Nacemento1886 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de abril de 1937 Editar o valor em Wikidata (50/51 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónzapateiro Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJosefina González Cudeiro Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Zapateiro en Ourense. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochou na súa casa do número 31 da rúa Raíña Victoria a Enrique Nanín Ansias. Foi detido na madrugada do 27 de marzo de 1937 xunto con Enrique Nanín e os seus fillos, os irmáns Ángel e Julio González Cudeiro.[1] A filla Josefina González Cudeiro tamén foi encarcerada. Foi xulgado en consello de guerra por rebelión e condenado a pena de morte. Foi fusilado no Campo de Aragón o 1 de abril de 1937.[2][3]

Vida persoal editar

Casou con Vicenta Cudeiro Caseiro e foi pai de Josefina, Ángel, Julio, Luisa e Maruja González Cudeiro.

Notas editar

  1. La Región, 28-3-1937, p. 3.
  2. La Región, 2-4-1937, p. 3.
  3. El Ideal Gallego, 2-4-1937, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar

Ramón González Calviño na páxina web Nomes e Voces.