Frans Snyders, nado en Anveres, bautizado o 11 de novembro de 1579 e finado na mesma cidade o 19 de agosto de 1657, foi un pintor flamengo do período barroco, especializado en naturezas mortas e escenas de cacería.

Modelo:BiografíaFrans Snyders

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1579 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Anveres, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Morte19 de agosto de 1657 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Anveres, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Pintor de cámara
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo flamengo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Anveres (1609–1657)
Milán (1608–1609)
Anveres (1593–1607)
Roma
Breda Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, debuxante arquitectónico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNatureza morta, alegoría, pintura de animais (pt) Traducir e pintura relixiosa Editar o valor en Wikidata
MovementoPintura barroca flamenga (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosJan Roos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMargareta Snyders (1611–) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteThe Great Theatre of Dutch Painters (en) Traducir, (sec:Frans Snyders)
Het Gulden Cabinet (en) Traducir, (sec:Frans Snyders, Het Eerste Deel, pag. 61)
Lives of Flemish, German, and Dutch painters (en) Traducir, (sec:Francois Sneyders, Tome Premier, pag. 330) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1603042
Retrato de Frans Snyders e da súa dona Margaretha de Vos, por Anthonis van Dyck, Gemäldegalerie, Kassel

Vida e obra

editar
 
A Despensa, ca. 1620

Primeiros anos

editar

Snyders naceu e morreu na súa cidade natal, Anveres. En 1593 era aprendiz do pintor Pieter Brueghel o Novo, membro dunha familia de famosos pintores, mais moi de seguido pasou para o obradoiro do mestre Hendrick van Balen, que o foi tamén de Anthonis van Dyck. Snyders mantivo forte relación con van Dyck, quen o retratou máis dunha vez. En 1602 Snyders fíxose membro da confraría de pintores de Anveres, a de San Lucas, como mestre.

Viaxe a Italia

editar

No ano 1608 marchou a Roma, para o acostumado viaxe de formación en Italia, etapa que se coidaba obrigada para os pintores de orixe fiamenga que tivesen aspiracións de progreso. No ano seguinte, 1609, domiciliouse en Milán, onde estivo ao servizo do cardeal Federico Borromeo.

Madurez

editar

Logo de regresar de Italia, en 1610, casou no ano seguinte con Margaretha de Vos, irmá dos pintores Cornelis e Paul de Vos. Entre os seus discípulos de Anveres o máis importante foi Jan Fyt, que traballaba no seu obradoiro desde 1629.

Foi o pintor principal do arquiduque Alberte de Austria, gobernador dos Países Baixos, para quen realizou moitas das súas obras principais. Unha destas foi presentada ao rei de España Filipe III quen, xunto co seu sucesor Filipe IV, encargou a Snyders diversos lenzos, agora conservados en Madrid. Traballou tamén para o arquiduque Leopoldo Guillerme de Austria.

Carácter da súa obra

editar

Inicialmente Snyders dedicouse á pintura de natureza morta, especialmente flores, plantas e froitas, peles de animais, peixes, mais moi logo pasou a representacións de animais vivos, sobre todo salvaxes, e escenas de caza. Foi un dos primeiros pintores que se especializou na representacións de animais en lenzos.

A súa composición é rica e variada, o seu pincel vigoroso, mesmo enérxico e extremadamente expresivo. Snyders foi un grande admirador da obra de Pieter Paul Rubens, que o contactou con frecuencia para executase nas súas teas flores, froitas e animais. Inversamente, as figuras humanas de cadros de Snyders poden estar realizadas por Rubens (nalgún caso por Van Dyck). Do mesmo xeito colaborou con outros moitos artistas flamengos como Jacob Jordaens e Thomas Willeboirts Bosschaert.

Galería

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar