Jeanne (ou Pieroime) Daubenton, Daubentonne o Dabentonne, nada en París no século XIV, foi unha predicadora que foi queimada viva por herexía en 1372.

As Escrituras triunfando sobre a herexía. Igrexa Gustaf Vasakyrkan de Estocolmo.

Está considerada como unha das mártires da liberdade de expresión.

Contexto editar

Como nos seus primeiros días, entre os séculos XII e XV, a Igrexa Católica Romana enfrontouse a unha multitude de movementos de protesta, algúns dos cales parecían seren puramente heréticos. Máis alá do marco relixioso, estes movementos tamén desafiaron a orde establecida (política e social). Así mesmo, os poderes en cada lugar, tanto relixiosos coma civís, optaron por unha represión "total", sen ningún discernimento, usando, entre outros métodos, a tortura, até o exterminio dos albixenses.

Traxectoria editar

Jeanne Daubenton uniuse a un grupo de turlupinos (nome duna seita dos Irmáns do Libre Espírito ou Freires do Libre Espírito, unha comunidade sectaria surxida nas rexións de Flandres e Renania que durou desde 1250 até 1525, e que tiña orixe na herexía do Adamismo do século II, e que estivo activa desde o século XII até o século XIV) que chegara recentemente a París, e entre os cales tivo un papel activo.[1]

Convertida nunha elocuente intérprete da súa doutrina, entregouse á predicación, anunciando que:

  • o ideal da perfección cristiá era ser pobre e ir (case) completamente espidos,
  • todos os deberes relixiosos deberían reducirse a unha simple oración mental e, finalmente
  • para os santos (é dicir, os adeptos das súas ideas), non hai pecado para satisfacer todas as súas paixóns e todos os desexos dos seus sentidos.

Formalizou o modo de vida dos turlupinos na doutrina de que se propagaba activamente e esta doutrina estaba relacionada visibelmente máis cos Cínicos e os Adamitas que cos Valdenses (movemento dos Pobres de Lión, no século XII, a partir da predicación de Pedro Valdo).[2]

De feito este movemento puxo en práctica:

  1. unha completa miseria,
  2. a nuez total,
  3. o comunismo total (comunidade completa de mulleres e bens).

De feito, esta vida en comunidade podería hoxe ser comparada co naturismo, co nudismo, co comunismo ou incluso co comunitarismo.

Os turlupinos quizais estiveron relacionados cos Valdenses e cos Begardos.[3] Chamábanse "Sociedade dos Pobres", ensinaban que o home pode chegar a esta vida con impecabilidade e foron acusados de entregarse ás máis vergonzosas desordes. Excomungados por Gregorio XI en 1372, foron destruídos por orde do rei de Francia Carlos V.

De feito, algúns foron realmente queimados (en número incerto, pero pequeno), pero a maioría foi capaz de escapar e dispersárense.

Condenada por herexía, Jeanne Daubenton foi queimada viva en 1372 en París, na praza de Grève (hoxe denominada place de l'Hôtel-de-Ville - Esplanade de la Libération, ou simplemente place de l'Hôtel-de-Ville (en galego praza do Concello).[4]

Notas editar

  1. Turlupins et Adamites: la persécution des nudistes au Moyen Âge. En Curieuses Histoires, 12 de maio de 2017. Consultada o 24 de maio de 2019.
  2. Actualmente considerado como unha igrexa protestante, movemento ao que se uniu no século XVI.
  3. Os begardos erean unha comunnidade monástica que nob pronuciab an votos perpetuos.
  4. Paris: la place de l'Hôtel de Ville devient l'Esplanade de la Libération.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Grand Dictionnaire Universel (Larousse, 1876).