Adamismo
O adamismo foi unha doutrina relixiosa que apareceu no norte de África no século II e século III que defendía o nudismo a imitación de Adán, o que simbolizaba o estado primitivo de inocencia, e rexeitaba o matrimonio baseada nos textos de Prosico.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7a/Adamites.png/220px-Adamites.png)
Para os adamistas, todos os seres humanos eran descendentes lineais do Adán descrito no Libro da Xénese. Adán foi un home real creado directamente por deus e non só un construto metafórico empregado para explicar o concepto do principio a un pobo primitivo; a súa vida, tal e como se describe no Xénesis, foi así literalmente. Para eles, as listaxes dos seus descendentes tal e como aparecen nos textos bíblicos son verídicas e ininterrompidas.