Nicolao IV, papa

papa

Girolamo Masci, nado en Ascoli Piceno (Italia) e finado o 4 de abril de 1292 en Roma, baixo o nome de Nicolao IV, foi o papa n.º 191 da Igrexa católica de 1288 a 1292.

Nicolao IV, papa
Nome completoGirolamo Masci
Nacemento30 de setembro de 1227
Lugar de nacementoLisciano
Falecemento4 de abril de 1292
Lugar de falecementoRoma
NacionalidadeSanta Sé
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de Perugia
Ocupacióndiplomático e presbítero regular
Períodoentre 1288 e 1292
Coñecido porser o papa n° 191 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
WikiTree: Masci-14 Find a Grave: 8815388 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Pontificado editar

Franciscano coñecido baixo o nome de Xerome de Ascoli, fora ministro xeral da súa orde e foi o primeiro papa franciscano da historia da Igrexa.

En maio de 1289, Nicolao IV coroou, como rei de Nápoles e de Sicilia, a Carlos II de Anjou a cambio de que este tivese recoñecido a súa vasalaxe ao pontífice; negándose polo tanto a recoñecer a Xaime II de Aragón como rei siciliano, título que este ostentaba dende que en 1285 sucedeu ao seu pai, Pedro III de Aragón. Nesta liña, concluíu en 1291 un tratado con Afonso III de Aragón e con Filipe IV de Francia co fin de expulsar a Xaime II de Sicilia.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.