Guillerme IX de Aquitania

duque de Aquitania, conde de Poitou e poeta occitano

Guillerme de Poitiers (en occitano: Guilhem de Peiteus), coñecido tamén coma Guillerme IX de Aquitania, Guillerme IX o Trobador (en occitano: Guilhèm IX lo Trobador) ou aínda coma Guillerme o Trobador (en francés: Guillaume le Troubadour), nado o 22 de outubro de 1071 e finado o 10 de febreiro de 1126, foi un nobre occitano, noveno duque de Aquitania, sétimo conde de Poitiers e primeiro dos trobadores en lingua occitana do que se ten noticia.

Infotaula de personaGuillerme IX de Aquitania

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(oc) Guilhem IX de Peiteus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de outubro de 1071 Editar o valor em Wikidata
Morte11 de febreiro de 1127 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Poitiers (Reino de Francia) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaIgreja de São João de Montierneuf (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDucado de Aquitania Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador , compositor , escritor , poeta , guerreiro Editar o valor em Wikidata
MovementoPoesia trovadoresca (pt) Traducir e música medieval (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaOccitano antigo Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoBattle of Cutanda (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuke of Aquitaine (en) Traducir (1086–1127)
Count of Poitiers (en) Traducir (1086–1127) Editar o valor em Wikidata
FamiliaRamnulfids (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeFilipa, Condessa de Toulouse (pt) Traducir (1094 (Gregoriano)–1118)
Ermengarda de Anjou (1089 (Gregoriano)–) Editar o valor em Wikidata
ParellaDangereuse de L'Isle Bouchard Editar o valor em Wikidata
FillosInês da Aquitânia, rainha de Aragão (pt) Traducir
 () Filipa, Condessa de Toulouse (pt) Traducir
Henri de Poitiers (pt) Traducir
Guillerme X, duque de Aquitania
 () Filipa, Condessa de Toulouse (pt) Traducir
Raimundo de Poitiers
 () Filipa, Condessa de Toulouse (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisGuilherme VIII, Duque da Aquitânia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Hildegarda da Borgonha (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsInês da Aquitânia, rainha de Aragão e Navarra (pt) Traducir, Beatriz de Poitiers e Inês da Aquitânia, rainha de Leão e Castela (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
1115excomuñón Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 3ace9a3c-e7da-4def-b356-6620478812fc Discogs: 1681142 Allmusic: mn0001650539 WikiTree: Aquitaine-36 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en 1071, fillo de Guillerme VIII de Aquitania e da súa terceira esposa, Audéarde de Borgoña, filla do duque Roberto I de Borgoña. Cando faleceu o seu pai en 1086, herdou uns dominios máis extensos que os do propio rei de Francia, de quen era nominalmente vasalo. Nos anos 1101 e 1102, participou tardiamente na Primeira Cruzada trala caída de Xerusalén. Sostivo varias guerras contra os condes de Tolosa. Foi excomungado en dúas ocasións, unha delas por abandonar a súa esposa lexítima e arrebatarlle á forza a muller ao seu vasalo o vizconde de Châtellerault. Entre 1120 e 1123 combateu xunto a Afonso I o Batallador, o seu concuñado, para tentar arrebatar ós musulmáns o reino de Valencia. O vínculo de Guillerme o Trobador e Afonso o Batallador é dobre. Dunha parte, Inés de Aquitania (irmá de Guillerme o Trobador) casou con Pedro I de Aragón, o cal faleceu sen descendencia masculina, herdando os seus reinos o seu irmán Afonso o Batallador. Doutra, porque á morte do Batallador, que faleceu sen descendencia, herdou os seus reinos o seu irmán Ramiro II o Monxe, o cal casou con Inés de Poitou, filla de Guillerme o Trobador. Por iso é polo que o Trobador resultou cuñado de Pedro I de Aragón e concuñado dos seus irmáns, Afonso o Batallador e Ramiro o Monxe.

Descendencia editar

Do seu matrimonio con Filipa de Tolosa tivo os seguintes fillos:

Obra literaria editar

Guillerme de Aquitania é o primeiro poeta de nome coñecido nas literaturas románicas. Consérvanse 11 poemas seus, nos que a temática amorosa é tratada ás veces con gran crueza: autodenominábase «trichador de dòmnas», alardeaba das súas proezas sexuais e moitos dos seus poemas están adicados á súa amante, Maubergeonne, á que chama a Perigosa. Noutra composición, pide ós seus cabaleiros que o axuden a escoller cabalo:

Cabaleiros, aconselládeme nesta dúbida:
-nunca escoller me foi tan difícil-:
Non sei se quedar coa (dama) Agnes ou coa (dama) Arsen)
Cavalier, datz mi cosselh d'un pessamen:
-Anc mays no fuy issaratz de cauzimen- :
Res non sai ab qual me tengua, de n'Agnes o de n'Arsen.

Noutros poemas, amosa unha sensibilidade moi diferente:[1]

Coa dozura da primavera
ferven os bosques e os paxaros cantan
cada un no seu latín
segundo o ritmo do novo canto:
así convén que cada un se alegre
no que máis desexa.
Ab la doussor del temps novel
folhon li bosc e li auzel
chanton chascus en lor lati
segon lo vers del novel chan:
adonc esta ben qu'om s'aizi
d'aisso dont om a plus talan.)

Acolleu na súa corte ó bardo galés Blédri ap Davidor, quen introduciu nas literaturas románicas a lenda celta de Tristán e Isolda.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Biographies des troubadours ed. J. Boutière, A.-H. Schutz (París: Nizet, 1964) pp. 7–8, 585-587.
  • Bond, Gerald A., ed., transl. intro. The Poetry of William VII, Count of Poitier, IX Duke of Aquitaine, (Garland Publishing Co.:Nova York) 1982
  • Duisit, Brice. Las Cansos del Coms de Peitieus (CD), Alpha 505, 2003
  • Harvey, Ruth E. The wives of the 'first troubadour', Duke William IX of Aquitaine (Journal of Medieval History), 1993
  • Meade, Marion. Eleanor of Aquitaine, 1991
  • Merwin, W.S. Sir Gawain and the Green Knight, 2002. pp xv-xvi. Nova York: Alfred A. Knopf. ISBN 0-375-41476-2.
  • Owen, D.D.R. Eleanor of Aquitaine: Queen and Legend
  • Parsons, John Carmi. Eleanor of Aquitaine: Lord and Lady, 2002
  • Pasero, Nicolò, ed.: Guglielmo IX d'Aquitania, Poesie. 1973
  • Verdon, J. La chronique de Saint Maixent, 1979.
  • Waddell, Helen. The Wandering Scholars: the Life and Art of the Lyric Poets of the Latin Middle Ages, 1955