Escudo de Serra Leoa

O escudo de Serra Leoa é un dos símbolos nacionais do país. Foi desenvolvido polo Colexio heráldico do Reino Unido concedido pola raíña Isabel II o 1 de decembro de 1960. O escudo describe un león pasante de ouro, linguado e armado de goles nun campo de sinople surmontado por un bordo de prata en zigzag situado no xefe, que representa as montañas do león que dan nome ao país. No xefe, tres fachos de prata que simbolizan a educación e o progreso. Na base hai tres ondas de azur simbolizando o mar. Como soportes, dous leóns de ouro, semellantes aos da insignia colonial. As tres cores principais do escudo - sinople (verde), prata (branco) e azur (azul)- son as que forman a bandeira nacional. O verde representa a agricultura e os recursos naturais, o azul representa o porto de Freetown e o branco representa a unidade e a xustiza. Na parte de abaixo, nunha fita branca pódese ler o lema nacional: "Unity, Freedom, Justice" (do inglés: Unidade, Liberdade, Xustiza).

Escudo de Serra Leoa
Detalles
ArmigerSerra Leoa
Adoptado1 de decembro de 1960
EscudoDe sinople un león pasante de ouro armado e lampasado de goles; surmontado por un bordo de prata en zigzag situado no xefe con tres fachos de sable con lapas de goles. Na base de prata, dúas barras onduladas de azur.
AlicerceDous leóns rampantes de ouro armados
DivisaUNITY, FREEDOM, JUSTICE
(Unidade, Liberdade, Xustiza)

Escudos históricos editar