Escudo de Dodro

Escudo do concello de Dodro (A Coruña, Galicia)

O escudo de Dodro é un dos símbolos oficiais deste concello. Foi aprobado polo Decreto 193/1995, do 16 de xuño (DOG nº 126, do 3 de xullo), da Xunta de Galicia onde di:[1]

Escudo de Dodro.
Artigo único.-Aproba-lo escudo heráldico do Concello de Dodro, que quedará organizado do seguinte xeito: de ouro e sobre ondas de azur e prata, un piñeiro da súa cor, froitado do mesmo; bordura de goles, con oito vieiras de ouro. Ó timbre, coroa real pechada.

Notas editar

  1. "DECRETO 193/1995, do 16 de xuño, polo que se aproba o Escudo heráldico do Concello de Dodro" (126). DOG: Xunta de Galicia. 03-07-1995: 5229. Consultado o 29-11-2023.