Escudo angolano

moeda de Angola entre 1914 e 1928 e entre 1958 e 1977

O escudo era a moeda de Angola entre 1914 e 1928, e novamente entre 1958 e 1977. Subdividíase en 100 centavos. Esta unidade monetaria posuía paridade co escudo portugués. As moedas de 5 centavos recibían o nome de "macuta".

Historia

editar

A introdución do escudo nas colonias de Portugal tivo lugar en 1914, tres anos despois de que ocorrese en Portugal. O escudo substituíu o real angolano cunha taxa de 1.000 réis = 1 escudo. En 1928 introduciuse o angolar en substitución do escudo. Os billetes cambiáronse cunha taxa de 1,25 escudos = 1 angolar. As moedas do escudo (denominadas en centavos) seguíronse emitindo co mesmo deseño para o angolar. O angolar tiña paridade co escudo portugués.

En 1953, Portugal comezou a unificar as moedas das súas colonias. Este proceso completouse en Angola a finais de 1958, coa reintroducción do escudo. O escudo foi substituído en 1977 polo kwanza conservando a paridade.

Billetes

editar

En 1914, o Banco Nacional Ultramarino introduciu billetes con denominacións de 10, 50 e 50 centavos. En 1918 introduciuse o billete de 5 centavos, e logo púxose a circular o billete de 50 escudos, introducido en 1920. En 1921 introduciuse o papel moeda con denominacións de 1, 2 ½, 5, 10, 20 e 100 escudos. O Estado engadiu billetes de 50 centavos en 1921.

En 1958 púxose en circulación a segunda serie (con data de 1956), con valores de 20, 50, 100, 500 e 1.000 escudos. Estas cinco denominacións emitíronse ata a introdución do Kwanza.

Moedas

editar

En 1921 introducíronse moedas de bronce con valores faciais de 1, 2 e 5 centavos, xunto coas denominacións de 10 e 20 centavos fabricadas en cuproníquel. O ano seguinte introduciuse a peza de 50 centavos, de níquel. En 1927 batéronse en cuproníquel moedas con denominacións de 1, 2 e 4 macutas, e de 50 centavos. Estas moedas seguiron circulando logo da introdución do angolar. As moedas de 10 e 20 centavos pasaron a facerse en bronce a partir de 1948.

En 1952 introducíronse por primeira vez moedas de 1 escudo, aínda que o angolar non foi substituído oficialmente polo escudo angolano ata 1958. Producíronse moedas de prata de 10 e 20 escudos, que se introduciron en 1952. En 1953 engadíronse moedas de 50 centavos de bronce, e de 1 escudo e 2 ½ escudos en cuproníquel. As pezas de 10 escudos comezaron a baterse en cuproníquel desde 1969, e en 1971 as moedas de 20 escudos comezaron a facerse en níquel. Deste Xeito, deixáronse de usar metais preciosos para a fabricación de moedas en Angola. A derradeira denominación agregada á circulación desta unidade monetaria angolana foi a de 5 escudos, de cuproníquel, introducida en 1972.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  1. Krause, Chester L. e Clifford Mishler (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801-1991 (18th ed.). Krause Publications. ISBN 0873411501.
  2. Pick, Albert (1994). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues. (7th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9.