Escola Técnica Superior de Enxeñaría - ICAI

A Escola Técnica Superior de Enxeñería - ICAI é un centro docente da Universidade Pontificia Comillas situado en Madrid. É coñecido polo acrónimo ICAI (Instuto Católico de Artes e Industrias), que era a súa denominación previa a incorporación a Universidade de Comillas, e que se mantén dentro do nome da escola.

Escola Técnica Superior de Enxeñaría - ICAI
Fachada do edificio de ICAI na rúa Alberto Aguilera, 25 Madrid
Coordenadas40°25′48″N 3°42′46″O / 40.429944444444, -3.7127777777778Coordenadas: 40°25′48″N 3°42′46″O / 40.429944444444, -3.7127777777778
editar datos en Wikidata ]

Conta cuns 3.000 alumnos e case 400 profesores (100 dos cales son de dedicación exclusiva), deixando á parte os estudos de posgrao e doutoramento.

Trala finalización dos seus estudos, os estudantes de enxeñería deben pasar un exame de reválida [1] para que o seu título lles outorgue as atribucións correspondentes a un enxeñeiro industrial equivalente dunha universidade pública española.

O seu director é Mariano Ventosa Rodríguez.

Orientación relixiosa editar

ICAI, como pertence á Universidade Pontificia de Comillas, ten unha orientación relixiosa e inclúe como eixo transversal o humanismo cristián e a conciencia social[2] incluíndo formación relixiosa en todas as súas titulacións[3]

Historia editar

O Instituto Católico de Artes e Industrias (ICAI) fundouse en 1908 como Escuela de Mecánica e Electricidade para formar cristiá e tecnicamente ao persoal que traballaba nas fábricas destas especialidades. Posteriormente comezáronse a ofrecer titulacións superiores para axudar na promoción profesional e humana aos estudantes máis dotados. Outorgóuselle validez aos estudos cursados en ICAI por Decreto de 10 de agosto de 1950 e posterior Lei de 20 de xullo de 1957. En 1960 únese a ICADE para formar ICADE-ICAI. En 1978 ICADE-ICAI integrouse na Universidade Pontificia Comillas e a marca ICAI engadiuse ao nome da nova Escola Técnica Superior de Enxeñería da universidade.

O edificio de ICAI foi incendiado nos disturbios anticlericais do 11 de maio de 1931 en Madrid e, pouco despois, a supresión da Compañía de Xesús en España fixo que os xesuítas relacionados con esta institución se trasladaran a Liexa (Bélxica), onde continuaron as ensinanzas de enxeñería ata 1937. Ao termo da Guerra Civil Española, en 1939, enxeñeiros de ICAI reocuparon o edificio de Madrid.[4]

Titulacións editar

Titulacións adaptadas ó Espazo Europeo de Educación Superior editar

Titulacións pre-Boloña editar

A partir do curso académico 2010-11, só poderanse matricular alumnos que xa estean cursando estes estudos.

  • Enxeñeiro Industrial
  • Enxeñeiro en Informática
  • Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión
  • Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas
  • Enxeñeiro Técnico Industrial Especialidade en Electricidade
  • Enxeñeiro Técnico Industrial Especialidade en Electrónica Industrial
  • Enxeñeiro Técnico Industrial Especialidade en Mecánica
  • Enxeñeiro Industrial (2º ciclo)
  • Enxeñeiro en Informática (2º ciclo)
  • Enxeñeiro en Automática e Electrónica Industrial (2º ciclo)
  • Enxeñeiro en Organización Industrial (2º ciclo)

Titulacións Propias editar

  • Erasmus Mundus International Master in Economics and Management of Network Industries
  • Máster en Enxeñería de Protección Contra Incendios
  • Máster en Proxecto, Construción e Mantemento de Infraestruturas Eléctricas de Alta Tensión
  • Master in Business Administration Sector Eléctrico – Executive
  • Especialista en Xestión Integral de Proxectos
  • Diploma de Sistemas Robóticos Móbiles
  • Diploma en Comunicacións Industriais

Notas editar

  1. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xaneiro de 2012. Consultado o 06 de novembro de 2010. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2010. Consultado o 06 de novembro de 2010. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2010. Consultado o 06 de novembro de 2010. 
  4. Historia del I.C.A.I. Arquivado 26 de marzo de 2009 en Wayback Machine. en la web de la Asociación de Ingenieros Técnicos ICAI.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar