Escola Politécnica Superior de Ferrol

centro de ensino universitario en Ferrol

Coordenadas: 43°28′54″N 8°13′22″O / 43.481588134729, -8.2227559787368

Escola Politécnica Superior de Ferrol

Edificio da Escola Politécnica Superior
Universidade: Universidade da Coruña
Localización: Ferrol
Campus: Esteiro
Enderezo: Rúa Mendizábal s/n. 15403
Ano de fundación: 1993
Decano: Alberto Ramil Rego (director; 2008)
Docentes:
Estudantes: 657 (2006-07)
Teléfono: 981 337 410
Correo electrónico: secretaria.eps@udc.es
Páxina web: https://eps.udc.es/

A Escola Politécnica Superior de Ferrol é un centro universitario da cidade de Ferrol, dependente da Universidade da Coruña. Está situada no Campus de Esteiro.

Historia editar

Ten a súa orixe como escola politécnica a partir da Lei 11/1989, de 20 de xullo, de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia, crea a Universidade da Coruña, que constitúe xunto coa de Santiago de Compostela e coa de Vigo o sistema universitario de Galicia. Os Estatutos da Universidade da Coruña apróbanse por Decreto 253/1992, indicándose no art. 13 a súa estruturación territorial nos Campus da Coruña e de Ferrol.

A cesión polo Ministerio de Defensa das instalacións do antigo Hospital da Mariña é o inicio da creación do Campus de Ferrol-Esteiro, que desde o curso 1991/92 alberga a Escola Politécnica Superior, creada en virtude do Decreto 274/1991 de 30 de xullo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Esta escola comeza a súa actividade no curso académico 1991/92 impartindo a titulación de Enxeñaría Naval e Oceánica, ao inicio en aulas provisionais e, posteriormente (28/01/1992), nas novas instalacións citadas, onde xa no curso 1992/93 iníciase a impartición das ensinanzas correspondentes á titulación de Enxeñaría industrial. Ambas as dúas titulacións comezan con planos de estudo provisionais, estando actualmente regulados estes estudos segundo:

  • Enxeñaría industrial: Plano de Estudos publicado por Resolución de 23 de xullo de 1993 (BOE 19/08/1993), cunha carga lectiva global de 444 créditos, distribuídos en dous ciclos de 2+3.
  • Enxeñaría Naval e Oceánica: Plano de Estudos publicado igualmente por Resolución de 23 de xullo de 1993 (BOE 19/08/1993) cunha carga lectiva global de 433 créditos, distribuídos en dous ciclos de 2+3.

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.