Ernst Abbe
físico alemán
Ernst Abbe, nado en Eisenach, Turinxia, o 23 de xaneiro de 1840 e finado en Jena o 14 de xaneiro de 1905, foi un físico, matemático, astrónomo e industrial alemán.
Ernst Abbe | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 23 de xaneiro de 1840 |
Lugar de nacemento | Eisenach |
Falecemento | 14 de xaneiro de 1905 |
Lugar de falecemento | Jena |
Soterrado | Nordfriedhof |
Nacionalidade | Imperio Alemán |
Etnia | Pobo alemán |
Alma máter | Universidade de Gotinga e Universidade de Jena |
Ocupación | físico, astrónomo, profesor universitario, lens designer e estatístico |
Cónxuxe | Elisabeth Abbe |
Premios | Ordem Maximiliana da Baviera para Ciência e Arte |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu no seo dunha familia de orixe humilde. Entre 1870 e 1896 foi profesor de Física na Universidade de Jena.
Dirixiu a fábrica de óptica de Carl Zeiss en Jena (1875). En 1878 foi nomeado Director do Observatorio astronómico de Jena.
A el débense moitos progresos na óptica instrumental. Ideou un refractómetro, un condensador para microscopios (Condensador de Abbe), unha cámara lúcida (Prisma de Abbe) etc.
Galería de imaxesEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ernst Abbe |
BibliografíaEditar
- Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006.