Ernesto Doural Campos

militar e político galego

Ernesto Doural Campos, nado en Vigo en 1904 e finado na mesma cidade o 9 de decembro de 1996, foi un loitador antifranquista galego.

Modelo:BiografíaErnesto Doural Campos
Biografía
Nacemento1904 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de decembro de 1996 Editar o valor en Wikidata (91/92 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 2148

Traxectoria

editar

Transportista de peixe. Militante do PCE dende 1931. Chegou a Madrid o mesmo día que se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Combateu no exército republicano como tanquista e alcanzou o grao de capitán. Coa fin da guerra foi detido, estivo preso na prisión do partido de Cieza,[1] e permaneceu na cadea até 1943. Posto en liberdade, volveu a Vigo e foi secretario de organización do Comité Rexional de Galicia do PCE. Foi detido de novo en Vigo en 1944 e condenado a 12 anos de cadea. Finou en Vigo o 9 de decembro de 1996.[2]

  1. "Expediente personal del preso: Doural Campos, Ernesto". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2021. Consultado o 27 de febreiro de 2021. 
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 10-12-1996, p. 78.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar