Ernesto Canoa Galiana
Ernesto Canoa Galiana, nado en Vigo o 24 de outubro de 1928 e finado o 16 de xuño de 1981, foi un médico urólogo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de outubro de 1928 Vigo, España |
Morte | 16 de xuño de 1981 (52 anos) |
Actividade | |
Ocupación | urólogo |
Traxectoria
editarNado na rúa Alta do casco vello de Vigo, foi o cuarto e derradeiro fillo dun empregado de banca. De 1946 a 1952 estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e en Madrid. Traballou de urólogo no Hospital de la Princesa de Madrid. En 1957 gañou unha bolsa de estudos. Formarse en Düsseldorf, Berlín, Viena, París e Londres. En 1959 estableceuse no número 88 da rúa Urzáiz de Vigo e ao ano seguinte nunha clínica maior no número 7 da mesma rúa. De 1962 a 1964 ocupou por oposición unha praza de urólogo en Murcia. Desde 1967 colaborou no equipo urolóxico da Residencia Sanitaria Almirante Vierna (despois Hospital Xeral).
Era políglota (dominaba o francés e o inglés e tiña un título de profesor de alemán), radioafeccionado, fotógrafo afeccionado e amante da poesía e a pintura.[1]
Finou nun accidente de tráfico.
Recoñecementos
editar- Dende 1983 unha rúa da súa cidade leva o nome de "Doutor Canoa" na súa memoria.
Notas
editar- ↑ Giráldez Lomba 2010, p. 32.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Caixanova, Faro de Vigo e Alcaldía de Vigo. p. 32. VG 955-2010.
Ligazóns externas
editar- "Médicos históricos" Arquivado 13 de marzo de 2021 en Wayback Machine. Universidade Complutense de Madrid (en castelán).
- "Las Víctimas de la Piedra, una Orden con 14 años de vida" La Voz de Galicia", 6/5/2006 (en castelán).