Ernest Douwes Dekker

Ernest Douwes Dekker, nado o 8 de outubro de 1879 e finado o 28 de agosto de 1950, foi un político, escritor, xornalista das Indias Orientais Neerlandesas.

Ernest Douwes Dekker
Douwes.jpg
Datos persoais
Nacemento8 de outubro de 1879
 Pasuruan, Xava Oriental
Falecemento28 de agosto de 1950
 Bandung, Xava Occidental
OrganizaciónIndische Partij[1]
ProfesiónPolítico
RelixiónIslam
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Familiar do escritor neerlandés das Indias Orientais Eduard Douwes Dekker (Multaluti), a súa nai era neerlandesa de descendencia parcial xavanesa.

En 1908 un grupo de membros da elite xavanesa reuniuse na casa de Dekker para formar a asociación Boedi Oetomo, que pretendía modernizar a cultura xavanesa e buscaba máis oportunidades para a elite. A organización está considerada a primeira organización nacionalista indonesia.

En 1911 fundou a revista ilustrada Het Tijdschrift e en 1912 o diario De Expres. Arrestado en 1920 durante un ano polas súas actividades políticas. En 1941 baixo a acusación de pasar información ós xaponeses foi deportado a Suriname. Transferido ós Países Baixos en 1946, escapou a Indonesia.

NotasEditar

  1. "DOUWES DEKKER, Ernest François Eugène, 1879–1950". Instituut voor Nederlandse Geschiedenis. (en neerlandés).