Ereikoussa ou Erikoussa (grego: Ερείκουσα) é unha illa grega nas Illas Xónicas, Grecia. Desde a reforma de 2011 do goberno local é parte do municipio Corfú, dos cales é unha unidade municipal.[1] Atópase na costa noroeste da illa de Corfú. Só hai unha cidade na illa, tamén chamada Ereikoússa. A súa poboación era de 698 habitantes no censo de 2001 e a súa superficie é 4´449 km². A illa é rica en bosques verdes, cheos de cipreses e oliveiras. Conta con dúas praias, Porto (Πόρτο) e Braghini (Μπραγκίνι), que son dous nomes de orixe italiana que foron nomeados durante o dominio veneciano.

Ereikoussa - Ερείκουσα
Ερείκουσα
Vista aérea
Localización da illa
Situación
PaísGrecia
ArquipélagoIllas Xónicas
MarMar Mediterráneo
Coordenadas39°53′N 19°35′L / 39.883, -19.583
Xeografía
Superficie3´7 km²
Longura máxima2´8
Largura máxima2
Punto máis altoMerlera (130 m.)
Demografía
CapitalEreikoussa
Poboación496 (2011)
Densidade124 hab./km²
Lingua propiaGrego

As dúas formas principais para chegar a Erikoussa son a través dun barco que sae desde Sidari, unha cidade do norte de Corfú, ou dun barco que sae desde a cidade de Corfú. O barco de Sidari tarda uns 40 min. mentres que o de Corfú tarda ao redor de 2 horas 45 min.

Notas editar

  1. Kallikratis law Arquivado 27 de abril de 2017 en Wayback Machine. Greece Ministry of Interior (en grego)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar