Eparquía católica ucraína de Volodymyr-Brest
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
A eparquía de Volodymyr-Brest foi unha sé da Igrexa Católica de Kíiv sufragánea da arquieparquía de Polack. Foi suprimida en 1839.
Localización | |||
---|---|---|---|
Poboación | |||
Relixión | catolicismo | ||
Territorio
editarA eparquía abranguía parte da rexión de Volinia e a parte setentrional de Podlaquia. O territorio da eparquía atopábase dividido en dúas partes, unha no Gran Ducado de Lituania, onde estaba a sé de Brest (hoxe Belarús) e outra na Coroa do Reino de Polonia, onde estaba a sé de Volodymyr (hoxe Ucraína). As dúas partes estaban separadas pola eparquía de Chełm.
Historia
editarA eparquía ten a súa orixe na Unión de Brest de 1596, cando a eparquía ortodoxa entrou en comuñón coa Igrexa Católica.
Foi suprimida por orde do tsar en 1795, mais o 18 de novembro de 1798 foi restaurada co nome de eparquía de Brest.
O 25 de marzo de 1839 a eparquía foi novamente suprimida por orde do tsar.
Episcopoloxio
editarCoa Unión de Brest de 1596 a sé ortodoxa entrou en comuñón coa Igrexa Católica. Os bispos de Volodymyr-Brest dende entón foron os seguintes:
- Ipatii Potii (1596 – 18 de xullo de 1613, finado)
- Yoakym Morokhovskyi (1613 - 19 de marzo de 1631, finado)
- Yosyf Rutskyi (administrador apostólico, 19 de marzo de 1631 - 26 de xaneiro de 1632)
- Yosyf Bakovetskyi-Mokosii (26 de xaneiro de 1632 - 1654)
- Ivan Mykhailo Potii (1655 - 15 de setembro de 1666, finado)
- Venedykt Hlynskyi (23 de outubro de 1666 - 1679, finado)
- Lev Zalenskyi (1679 - 24 de agosto de 1708, finado)
- Yurii Vynnytskyi (administrador apostólico, 14 de agosto de 1708 - 1711)
- Lev Kyshka (1711 - 19 de novembro de 1728, finado)