Ipatii Potii

eclesiástico grecocatólico ucraíno

Ipatii Potii (en ucraíno: Іпатій Потій; en polaco: Hipacy Pociej; en belaruso: Іпацій Пацей), nado o 12 de agosto de 1541 en Różanka e finado o 8 de xullo de 1613 en Vlodymyr-Volynskyi, foi un eclesiástico grecocatólico ucraíno, escritor, polemista e teólogo, que tivo un importante papel na Unión de Brest e que foi metropolita de Kíiv e Galicia dende 1599 até a súa morte en 1613.

Infotaula de personaIpatii Potii

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de agosto de 1541 Editar o valor em Wikidata
Różanka Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xullo de 1613 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Volodimir-Volinski (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCathedral of the Dormition, Volodymyr (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Arcebispo católico
26 de setembro de 1599 –
← Cyryl TerleckiYosyf Rutskyi →
Bispo diocesano
19 de outubro de 1596 –
← Joachim Morochowski
Castellan of Brest (en) Traducir
2 de decembro de 1588 – 8 de marzo de 1593 (promotion (en) Traducir)
← Krzysztof Zenowicz (en) TraducirQ100950217 Traducir →
Q124289790 Traducir
3 de novembro de 1582 (Xuliano) – 1593 (renúncia (pt) Traducir)
Q65725889 Traducir
29 de abril de 1577 – 2 de decembro de 1588 (promotion (en) Traducir)
← Q122584703 TraducirQ67147054 Traducir →
Q65720465 Traducir
30 de abril de 1565 – 29 de abril de 1577 (promotion (en) Traducir)
← sen valor – Q67147054 Traducir →
Arcebispo metropolitano
Q115281642 Traducir
Q1339318 Traducir
Metropolitano de Kíiv
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGran Ducado de Lituania Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo, Igrexa católica, Metrópole de Kíiv, Galicia e toda Rusia e Calvinismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Iaguelónica de Cracovia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoChurch‘s ministry (en) Traducir, Teologia da Igreja Ortodoxa Oriental (pt) Traducir e função pública (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Gran Ducado de Lituania Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1593–), sacerdote católico (1593–), teólogo , Pope , Eastern Orthodox monk (en) Traducir , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónMichał Rahoza Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaHouse of Pociej (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAnna, princess of Hołownia-Ostrożec (en) Traducir (1561–1592), morte do cónxuxe Editar o valor em Wikidata
FillosKrzysztof Pociej (en) Traducir, Q122702621 Traducir, Q65922718 Traducir, Q122748318 Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisLew Patejewicz Tyszkowicz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Hanna Lozchanka (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Naceu o 12 de agosto de 1541 en Różanka,[1][2] no voivodato de Lublin, no seo dunha familia nobre.[1] A súa nai, logo de enviuvar arredor de 1550, casou co gobernador da rexión de Smolensk. O príncipe Mikołaj Radziwiłł encargouse da súa educación, e enviouno a unha escola calvinista[1] e posteriormente á Universidade Iaguelónica de Cracovia.[1] En 1566 comezou a traballar como xuíz en Brest, en 1572 pasou e ser secretario do rei Sexismundo II e posteriormente recadador de impostos, e en 1588 castelán de Brest.[2] Foi tamén senador da Confederación Polaco-Lituana.[1]

Aínda que na súa mocidade se convertera ao calvinismo,[2] en 1573/1574 volveu á Igrexa Ortodoxa.[1][2] No mesmo ano casou con Anna, dos duques de Hołowniów-Ostrożeckich,[3] coa que tivo seis fillos.

Bispo de Volodymyr e Brest editar

Logo da morte da súa dona en 1592, Potii decidiu ingresar na vida relixiosa e converteuse en monxe, tomando o nome relixioso de Ipatii.[2][3] En 1593 foi nomeado bispo de Volodymyr e Brest,[1][2][3] e foi consagrado bispo o 6 de xuño de 1593 polo metropolita de Kíiv Michal Rahoza.

Ipatii Potii tivo un papel especialmente importante na Unión de Brest, pola que a metrópole ortodoxa de Kíiv (a igrexa ucraína) deixou de estar baixo a xurisdición da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla para entrar en comuñón coa Igrexa Católica e situarse baixo xurisdición papal, formando o que hoxe é a Igrexa Católica Ucraína. Viaxou a Roma xunto co bispo de Lutsk Cyril Terlecki,[1][2][3] para entregarlle ao papa Clemente VII a petición de unión asinada polos bispos da metrópole en Brest o 12 de xuño de 1595.[1] Chegaron a Roma o 25 de novembro de 1595, e obtiveron a aprobación do papa á unión, podendo manter o rito bizantino e o resto de prácticas litúrxicas.[3] Volveron a Lutsk en marzo de 1596.

Metropolita de Kíiv editar

Logo da morte de Rahoza, Ipatii Potii foi nomeado metropolita de Kíiv en agosto de 1599[1][3] polo rei Sexismundo III, e confirmado polo papa Clemente VIII o 15 de novembro de 1600. Foi tamén nomeado arquimandrita do mosteiro das Covas de Kíiv, mais a oposición ortodoxa levouno a renunciar en 1605.[3] En 1601 fundou un seminario, e o 3 de marzo de 1605 foi formalmente recoñecido como o único metropolita de rito bizantino da Confederación Polaco-Lituana.

O 11 de xullo de 1609 algúns ortodoxos atentaron contra a súa vida, mais sen éxito.[2] Traballou tamén para reestruturar a Orde de San Basilio Magno. Finou o 18 de xullo de 1613 en Volodymyr-Volynskyi,[2] e enterrado na catedral da mesma cidade.

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Kubiiovych, Volodymyr; Huzar-Struk, Danylo, eds. (1993). Encyclopedia of Ukraine (en inglés) 4. University of Toronto Press. p. 171. ISBN 9780802030092. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Dzięgielewski, Jan, ed. (1995). Encyklopedia historii Polski: dzieje polityczne 2. Morex. p. 143. ISBN 9788390412122. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Chodera, Janina; Kiryk, Feliks, eds. (2005). Słownik biograficzny historii Polski: L-Ż. Słownik biograficzny historii Polski 2 (Zakład Narodowy im. Ossolińskich). p. 1187. ISBN 9788304048577. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
(Unión de Brest)
 Bispo de Volodymyr e Brest 
1596 - 1613
Sucesor:
Yoakym Morokhovskyi
Predecesor:
Michal Rahoza
 Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus 
1599 - 1613
Sucesor:
Yosyf Rutskyi