Eosinofilia pulmonar iatroxénica

A eosinofilia pulmonar iatroxénica (EPI) ou eosinofilia pulmonar por fármacos é un grupo de doenzas caracterizados por causaren infiltrados pulmonares nos que predominan os eosinófilos provocados por mor da acción adversa dun fármaco. Este tipo de enfermidades teñen un mecanismo de hipersensibilidade tipo II ou IV, e nin a dose nin a duración do tratamento ten relación coa severidade desta eosinofilia pulmonar. O inicio pode ser agudo ou gradual, e a sintomatoloxía é a mesma que nas demais eosinofilias: tose, febre, e infiltrados pulmonares. Ante un infiltrado pulmonar eosinofílico, cómpre realizar unha correcta anamnese de toda a medicación que toma o paciente, tanto con receita coma sen receita médica. O tratamento principal é a supresión do fármaco causante da doenza. Se for un caso severo, con grande afectación pulmonar, pode tratarse con corticoides durante unha semana[1].

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Eosinófilo, célula sanguínea que se atopa nos pulmóns nas eosinofilias pulmonares.

Principais fármacos que producen EPI

editar
  1. Eosinofilias pulmonares, Dr. Namikawa et al. 2009

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar