Entrevista (xeral)

Unha entrevista é unha conversa estruturada na que unha persoa fai preguntas e outra dá respostas. A palabra entrevista refírese a unha conversa entre dúas persoas: un entrevistador e un entrevistado. O entrevistador fai preguntas ás que responde o entrevistado proporcionando información. Esa información pódese utilizar con diversos fins ou proporcionar a outras audiencias en directo ou en diferido. Esta característica é común a moitos tipos de entrevistas: unha entrevista de traballo ou unha entrevista cunha testemuña dun evento pode non ter outra audiencia presente nese momento, pero as respostas proporcionaranse máis tarde a outras persoas no proceso de emprego ou de investigación. Unha entrevista tamén pode transferir información en ambos sentidos.

Un músico entrevistado nun estudo de radio por tres entrevistadores
Un músico entrevistado nun estudo de radio.

Características editar

 
Unha muller entrevistando para un traballo.

As entrevistas adoitan facerse oralmente en persoa, pero tamén se poden utilizar medios diversos como as videoconferencias[1] ou os teléfonos. Poden facerse por medios asíncronos, de modo escrito e mesmo de forma grupal.

As entrevistas poden ser conversas estruturadas, semiestruturadas e non estruturadas consonte a flexibilidade coa que se teña planificado.[2] Unha entrevista non estruturada está moi pouco planificada e o entrevistador tenta manter o tema previsto de conversa sen ter un plan cerrado de preguntas.[3] No outro extremo, están as entrevistas moi estruturadas nas que o protocolo de preguntas é moi estrito sen dar lugar a saírse de el.[4] A estrutura e formato dunha entrevista poden ser moi variados segundo a finalidade, a extensión a metodoloxías. Polo xeral, precísase dun sistema de rexistrar a conversa: tomando notas ou gravando en formato son ou vídeo. As entrevistas adoitan ter unha duración limitada e poden realizarse nunha ou en varias sesións.

Requisitos editar

 
Atletas entrevistadas despois dunha carreira

Para realizar unha entrevista, cómpre:

  • Preparar o medio físico ou tecnolóxico no que se vaia a desenvolver a entrevista
  • Ofrecer algunha bebida ou comida
  • Contar con coñecemento sobre o tema
  • Facilitar, animar e invitar a proporcionar información
  • Adaptarse á personalidade da persoa entrevistada
  • Coñecer a lingua e o rexistro lingüístico de comunicación da persoa entrevistada
  • Ter un protocolo de entrevista
  • Contactar previamente coa persoa que se vaia entrevistar
  • Informar previamente á persoa entrevistada sobre a finalidade da entrevista
  • Solicitar o permiso e consentimento para o uso que se vaia facer da información
  • Dispor e preparar os medios acordados para a recollida ou gravación da información
  • Ter habilidade para lembrar e flexibilizar a conversa
  • Ter previsto como iniciar e rematar a entrevista
  • Dar conta do resultado posteriormente á entrevista

Tipos editar

 
Algunhas entrevistas para retransmisións televisivas

Segundo a finalidade, os diferentes tipos de entrevista son:

Notas editar

  1. "Introduction to interviewing". www.ojp.gov. Consultado o 2022-08-02. 
  2. Rogers, Carl R. (1945). Frontier Thinking in Guidance. University of California: Science research associates. pp. 105–112. Consultado o 2 de agosto de 2022. 
  3. Jamshed, Shazia (2014). "Qualitative research method-interviewing and observation". Journal of Basic and Clinical Pharmacy 5 (4): 87–88. ISSN 0976-0105. 
  4. Kvale, Steinar; Brinkmann, Svend (2008). InterViews: Learning the Craft of Qualitative Research Interviewing. SAGE. ISBN 9780761925422. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar