En botánica o entrenó é a parte do talo comprendida entre dous nós de onde saen outras ramas (ou follas).[1]

Xemas nun entrenó de Betula.

Descrición editar

O primeiro entrenó da planta é o hipocótilo, situado entre o colo da planta e os cotiledóns. Por riba dos cotiledóns encóntrase o segundo entrenó, denominado epicótilo. No epicótilo nacen as primeiras follas verdadeiras da planta; as que están no segundo entrenó e en todas as demais, levan unha xema axilar. A organización do sistema caulinar das anxiospermas é modular, é dicir, é unha agregación de unidades estruturais repetidas ou módulos. A unidade estrutural normal, o módulo típico, consta dun entrenó, a folla e a xema axilar.

Do alongamento progresivo do caule son responsábeis os meristemas pimarios intercalares, localizados precisamente nos entrenós. Cando estes non existen, o caule non pode progresar e preséntase entón unha disposición das follas en forma de roseta basal.

Notas editar

  1. entrenó s m BOT Espazo ou intervalo entre dous nós, especialmente no talo dunha planta. No Dicionario de galego. Ir Indo edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Font Quer, P. (1982): Diccionario de Botánica. 8ª reimpresión. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-335-5804-8.
  • Gola, G., Negri, G. & Cappeletti, C. (1965): Tratado de Botánica. 2ª edición. Barcelona: Editorial Labor S.A.
  • Strasburger, E. et al. (1994): Tratado de Botánica. 8ª edición. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-2820-979-0.