Enrique Rivera Rouco
Enrique Rivera Rouco, nado o 27 de xaneiro de 1938 e finado nos Chaos (As Pontes de García Rodríguez) o 18 de setembro de 2002, coñecido co sobrenome "O cura dos Chaos", foi un relixioso e historiador pontés, nomeado cronista oficial da vila en 1981.
Enrique Rivera Rouco | |
---|---|
Nacemento | 27 de xaneiro de 1938 |
Lugar de nacemento | As Pontes de García Rodríguez |
Falecemento | 18 de setembro de 2002 |
Nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Ingresou no seminario de Vilanova de Lourenzá o 1 de setembro de 1952, e tras un ano alí continuou os estudos en Mondoñedo. Foi ordenado sacerdote en 1963. O bispo Jacinto Argaya destinouno inicialmente as parroquias do Freixo e Somede, pasando posteriormente á parroquia de Lousada. Non chegou a ser párroco da parroquia principal da vila por decisión do bispado.
En 1976 publicouse o seu libro Estudio sobre la historia de Puentes de García Rodríguez y su comarca, no que recompilou datos históricos e etnográficos das Pontes, considerado o primeiro compendio escrito da historia do concello. O 4 de decembro de 1981 foi nomeado Cronista Oficial do Concello das Pontes por unanimidade no pleno do concello presidido polo alcalde Xaime Vilaboy Ramil, tras unha proposta previa do Partido Galeguista das Pontes.
ObraEditar
Ademais do seu libro de 1976, colaborou coa publicación Estudios Mindonienses, así como en varios artigos do xornal local A Nova Unión, publicacións das revistas locais das Festas do Carme e en varios artigos do xornal La Voz de Galicia.
LibrosEditar
- Rivera Rouco, Enrique (1976). Estudio sobre la historia de Puentes de García Rodríguez y su comarca (en castelán). ISBN 978-8440016478.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- López Ferro, José María (2008). "O cura dos Chaos" (PDF). Hume Historia (Asociación de Estudos Históricos e Sociais "Hume") (1): 1–14. ISSN 1888-6183. OCLC 436448599.
- López Ferro, José María (2012). "Na lembranza de D. Enrique Rivera Rouco, "O cura dos Chaos", cronista oficial do Concello de As Pontes de García Rodríguez" (PDF). Hume Historia (Asociación de Estudos Históricos e Sociais "Hume") (5): 9–15. ISSN 1888-6183. OCLC 436448599.
- López Ferro, Jose María (2014). Don Enrique Rivera Rouco, a súa vida e a súa obra. Concello das Pontes.
Ligazóns externasEditar
- Arias, Cristina (7 de novembro de 2013). "Enrique Rivera Rouco, o gardián da cultura pontesa". El Progreso.